domingo, 17 de maio de 2015

Palabras

Palabras pretéritas con fíos de cuspe adornadas, pola lingua sinuosamente elaboradas; redondas, firmes, de turxescencia demostrada. No ar suspendidas e na memoria aprobadas; con notables matices e sobresaíntes detalles. 
Palabras futuras, retidas, non ditas, soamente imaxinadas; cautivas. Sostén dos pensamentos, cinguideiro da imaxinación, atadallo das ideas.
Palabras actuais, de acústica expresada . Alimento do amor, acicates da sensualidade, espoletas do desexo. Fustrigas da ansia á mente encadeada.
Palabras que se tornan verbas xermoladas.Semente transformada en letras; que non son máis que palabras retratadas.

Foto: Palabra da roseira. Letra fotografiada.
(Palabras Galegas)

11 comentarios:

Uol Free dixo...

Palabras para mil primaveras máis!
¡Feliz Día!

Kim Basinguer dixo...

Que bonito.

Ginebra dixo...

Pues preciosas "estas palabras" vestidas de color rosa. Se te dan bien estas plantas, Chousa, casi tanto como jugar con las palabras. Besos y bicos, de todo un poco...

paideleo dixo...

Unha das cousas boas do día das Letras é o teu post deste día.
Fermoso coma sempre.
Que os escribas muitos anos máis !.

mariajesusparadela dixo...

Fermosas palabras da lingua amada.

Anónimo dixo...

Sr.Chousa!! PALABRAS..., as súas!!
Bicos firmes.

Paz Zeltia dixo...

unha morea de fermosas palabras ben dispostiñas á beira desa rosa agromando.
todo perfecto para celebrar o día das nosas letras.

un abrazo, Chousa!

mariola dixo...

Mil veces as nosas palabras, adornadas coa nosa semente.
Preciosas .
Quédome coa palabra da roseira, coa letra fotografiada.
E como non, con esa rosa que se vai abrir ao mundo deixando ese aroma espallado no ar.
bicos chousa.

Pedras dixo...

Fermosas palabras para unha fermosa lingua.
Concordo con Paideleo!:-)
Apertas.

Alís dixo...


Palabras retratadas... gustoume moitísimo iso. Peche de ouro para un fermoso texto.

Bicoss

Concha L. F. dixo...

Palabras... Aínda que ás veces sobren...