venres, 16 de xaneiro de 2015

Andar

Non me veño meter con Machado, que eu vou moi lixeiro de equipaxe intelectual como para adentrarme en tales disquisicións; pero cando contemplo os vieiros xa trazados sempre penso que incluso parado pódese facer camiño. Simplemente co ollar. Unicamente co pensar.
E ao volver a vista atrás vexo o carreiro que nunca canso de volver andar.

Foto: Camiños coñecidos.

8 comentarios:

mariola dixo...

A min gústame moito a contemplación, e penso coma ti, claro que se fai camiño só co ollar. Entón xurde a maxia, a maxia que nos leva co pensar a novos derroteiros, a voar coa imaxinación.
E é fascinante. Outras simplemente qúedase a mente quieta, facendo camiño interior tan necesaria para o noso crecemento.
un bico grande poeta.

paideleo dixo...

Pois creo que ti és quen de igualar a Machado acompañándoo en camiños e poesías.
Fas ben en falar desas corredouras; é que os camiños dan para verbas, fotos, pensamentos e sentimentos.

Carlosm dixo...

Bucólica estampa capturada por un experto capturador de estampas bucólicas.Gostei e, com o teu permiso, vou compartir por estes lugares.Saudos

Pedras dixo...

Totalmente de acordo!!!
Apertas

mariajesusparadela dixo...

Ti pensas que volves andar o mesmo camiño, pero nin el é o mesmo nin ti tampouco.

Peke dixo...

Ollar, mirar, contemplar, observar... Unha delicia moi gratificante.

matrioska_verde dixo...

canto tempo sin vir polos blogs!
canto tempo votándovos de menos!

biquiños,

Terry (antes Aldabra)

Anónimo dixo...

Concordo con Paideleo. Andar por esta Chousa e polos seus camiños é un auténtico deleite.
E...sigamos por esa corredoira, Sr.Chousa,sen esquecer o vivido.
Bicos chousianos!!