Sempre haberá motivos para reprender á humanidade polas contínuas tolemias que contra de sí mesma perpetra. Pódese condenar pero non hai maneira de executar a sentenza, pois todos somos copartícipes da barbarie, e non hai cadeas posibles para tanto reo.
Por iso a única maneira de redimir esa culpa común é individualizando a capacidade de poñernos as pilas para darlle un pulo ás cousas que están ao noso alcance.
Provoquemos a devaluación da mala hostia imperante para que cotice á alza o sentido común; aínda que ás veces este ande polas pólas. Unicamente así a nosa árbore de Nadal non será un coteno.
Foto: Sen pólas. E non polos pelos...
9 comentarios:
'O sentido común... o menos común dos sentidos' (dicíalles un mestre de ferrado á xeración de meus país, máis como nos lembras, sempre maxistral e didácticamente, seguimos o mesmo de túzaros. Coido que hai outras razas animáis con máis senso común!. De tódolos xeitos cando atope un tarulo (como se di na miña terra ó cotelo), sentarei pra darlle alguna volta máis a ese absurdismo humano, que tanto salientou Camus, esa condición humana tan 'racional'.
Chousa, remato de enviarche un comentario, onde puxen 'cotelo' en lugar de 'coteno', se podes agradeceríache que o cerrexiras. Grazas.
Desculpa de novo Chousa, debe ser ca friaxe.., outra retificación (se é posible) sen importancia, referida ó comentario anónimo da mañá: o mestre do sabio dito non era dos de ferrado, apesares de ser na primera metade do século pasado, xa pertencía a unha escola pública. Vou ata a taberna coller un pouco de arrio. Un saúdo.
¡Cuánta razón llevas, Chousa!.
Lo de la devaluación de la mala hostia me encantó.
Besos
p.d. el tronco de este árbol me sugiere un sitio "redondo para que ruede alguna cabeza"... Lo siento, sé que no son fechas y que esto contradice lo de la devaluación de la mala hostia y tal, pero es que no he podido evitarlo...
Besos
Amén !
O coteno pasaría a ser un tallolo se se usara para o que se lle veu á cabeza a Ginebra ¿ou como se di en Antas nese caso?
Apertas e feliz ano para ti e para os da túa casa.
Ata o ano que vén ! :-)
Está na man de todos facer un mundo millor. Xa se sabe que bago a bago a vella enche o cabazo.
Feliz e sensato 2015 para ti, Chousa, e para o colectivo ao que invocas.Unha aperta:
Anxos
Pois ahí xa non se pode poñer aquel exemplo da pola pola póla.
Somos ben túzaros.
Entendido: poñernos ás pilas comop propósito de ano novo ;)
Publicar un comentario