luns, 8 de decembro de 2014

Inzar

É a nosa obriga coidar o herdo que ata nós chegou. O máis grande legado recibido. O ben máis prezado, a semente do que somos, a esencia mesma dun pobo, o quid dunha cultura: a lingua.
Imprescindible abrazala coma a máis doce das amantes, para que floreza leda nas conversas. Necesario mantela húmida nos nosos beizos para que -quente e vizosa- ince a nosa fala de beizóns. Soamente así seremos nós mesmos. Con certeza.

Foto: Reflexo sobre un poema de Antón Sobral
Lugar: Exposición do Culturgal 2014 (Pontevedra)
Motivo: Datos do IGE. Necesidade de preservar a lingua galega. É da nosa competencia. 

11 comentarios:

peke dixo...

Amén! :D

mariajesusparadela dixo...

Veño dar o parte: chegou o bico, ainda que parou en Cambeo tomar o polbo (ai que vergonza).
Non o veño devolver, veño agradecelo na fala miudiña e agarimosa que amamos, cada un de nós a súa maneira.
Os bicos de Antas saben a flan de verdade, a arroz con leite, a canela, a bica mantecada. Engordei dez quilos.

Anónimo dixo...

Sr.Chousa agasalla con POESÍA os nosos ollos, as súas palabras e o conxunto que forma acada por penetrar en todos os recantiños. E canta verdade encerran. Coidémola, amémola!!
E si, os bicos de Antas saben a doce!!

Carlosm dixo...

Toda a razón no que dices.Já está chegada a hora na que o povo debe tomar concencia e consciencia do seu dever.Con toda a certeza.

Ginebra dixo...

Pues es cierto, la lengua es uno de los tesoros culturales de un pueblo, lo que amalgama y une a sus habitantes. Hay que cuidar la lengua porque es nuestra seña de identidad.
Vuestra lengua es tan suave como una caricia. El poema precioso.
Besos

Uol Free dixo...

Cada lingua ten o seu son, o seu sentimento, intransferible e intraducible. Os galegos temos a fortuna de dispor do noso propio código de crear, recrear e transmitir o mundo, os sentimentos e a nosa visión das cousas, o noso latido.
Un bico con lingua! ;)

Anónimo dixo...

Aviso moi importante, dendelogo. Expresarmonos na lingua propia... se a crearon @s nos@s devanceir@as ó longo dos séculos, non será a mellor canle pra transmitir oral e psicolóxicamente (e espiritualmente) aquelo que queremos dicir?. Ademáis dunha gramática, sobor de todo é o xeito de usala.
Pois si que a nosa língua é tan donda coma una caricia Ginebra. Dicho un que fala (habla) galego.

Raposo dixo...

Concordo cen por cen, sobre todo por esa maneira poética que tes de dicir as cousas. A lingua é unha das nosas señas de identidade máis importantes. E convén explicarllo a quen aínda non o entende: PP, Galicia Bilingüe, etc.

Alís dixo...

A nosa obriga e o noso dereito. Convén non esquecelo.

Un gusto verte

Bicoss

mariola dixo...

Si señor!
Mellor non se pode dicir!
E o final do texto redondo redondo.

A foto fermosa así como o texto,unir o desexo físico que está ahí co desexo das verbas ...
moitos bicos chousa.

paideleo dixo...

Aquí estou intentándoo con máis fracaso que éxito pero a luita non acabou.