Ir amodo non sempre é garantía de aforro, nin aporta total seguridade en determinadas situacións. Sen ir máis lonxe, o lema olímpico fala de "máis rápido" para acadar os laureis do éxito; e cando nos persiguen trinta lobos famentos, como pretendamos facernos abandeirados do slow food ó volante, imos aviados.
Con sentidiño e leves doses de cordura podemos concluir que hai obviedades que non precisan decretos.
Claro que, se o que pretenden é solo fodernos a golpe de decreto, ten pinta de que o vaian conseguir, disfrazando neste entroido os sinais das autoestradas. A ver agora quen carallo couta os caballos costa abaixo...
Foto: Camiño de carro. Velocidade controlada pola realidade (Frádegas- Antas de Ulla)
32 comentarios:
A pela é a pela, así funciona o welfare state cando se descompón: Aquí sálvese quen poida.
Jajajaja, ¡ata os cabalos saben por que se disfrazan os sinais de tráfico, Chousa!
mmmmmm
ahora si que nos van a multar!!!
porque eu nunca me decato se vou a 120 ou 140... ay ay ay!!! estou perdidiña!
anda que non van a facer estes unha boa morea de cartos...
hai quen castiga con PEDRA E CON PAU!!!
110 biquiños!!!
Vaia, que polémica hai co conto da velocidade. Se todos tiverades coches coma o meu que tan pronto vai a 130 parece que vai sair voando polo aire, non vos preocuparía o de conducir a 110 hahaha
Comprendo que cos coches potentes, teredes que poñerlle o programador ese, porque á minima xa estades en 140 sin percatarvos...
pero bueno, hai que pensar unha cousa, que isto non ten que ver coas potencias dos coches:
a maioría dos conductores en España non conducen con respeto ós outros; somos impacientes, sobrevaloramos a nosa capacidade e a do noso coche; non temos un coche ben revisado (rodas, etc.), conducimos co tranxilium posto, ou un par de viños, CEGOS perdidos pero non xa de drogas, se non que o recoñecemento médico é un cachondeo, un simple saca cartos, porque, mi madriña, hai cada un conducindo por aí sin reflexos e sin ver; todas esas condicións e moitas mais, levan a pensar que non é tan tola a idea de ir amodo polas autoestradas. Por outro lado, eu vexo que o lóxico sería que en toda Europa se circulara á mesma velocidade, pero ... son as autoestradas o mesmo?
a pregunta non é retórica, e que eu non saio da porta da casa...
:-(
Montar semejante tinglado para bajar 10 km por hora la velocidad autorizada me parece una memez (y me contengo con el calificativo)
Sabes lo que creo? que mucha gente que como yo tiene los radares en el TOM TOM, iremos a la velocidad indicada cuando pasemos por los radares y después..... COMO SIEMPRE, a la que consideremos oportuna.
biquiños
Outra tomadura de pelo máis, xa non se sabe que será o seguiente.Iso de que é para aforrar non o cre ninguén.
En fin! que a ter coidadiño coas multas que é o que nos queda....ou montamos unha revolución como en Exipto???
Bicoss!!!!!!
Case acertas na taia.....
Bicos veloces ;)
A foto fermosa, a sinal da foto enxebre e ben sementada no camiño que non precisa control algún.
O Demais, lóxico nos días que van, nos que a cordura foise fai tempo xa.
De seguire así, dentro de pouco lexislaran as horas pra mexar...
¿Non si?
Bicos
O problema é que non hai sentidiño e cordura, nin sequera en leves dosis. Nin entre os que conducen, nin entre os que gobernan.
Pero a velocidade, como todo, é relativo. Ás veces corremos e parécenos que vamos moi lentos, e outras veces é ó contrario. Xa sabes, ¡depende!
O que está claro é que non queda outra que exercitar a paciencia. Non só ó volante, senón para todo.
Bicos pacientes (a non máis de 80 por hora)
Por ises camiños non precisamos límites de velocidade.
Gustoume a comparanza entre o SLOW FOOD e mais o de SOLO FODERNOS. Non sei se en ingles ou en chino pero foder quérennos foder como sea. Menos mal que en trasnolandia non tems pikoletos jeje
Saludos
Pois..., non nos vai quedar máis remedio que ir a modiño a partir de agora.
Boa imaxe, Chousa!!
Moito cachondeo vos traedes co da velocidade (nunca llo perdoarei a estes politicastros que nos tocaron en sorte), pero non debias esquecer a quen non ten carro para acadar esa velocidade. Olho coas multas, que a ti gustache correr. Saudos.Carlosm
Tés toda a razón, homel Con sentidiño non fai falla que nadie nos decrete ningúnha lei porque mira ti que co que cobraños, os que temos a sorte de traballar, xa non nos vai quedar para gasolina, nin para ir a 120, nin a 110, nin a nada… Temos que empezar a coller a bicicleta, non nos vai quedar outra. Biquiños,
Agora mismiño na radio (20 euros de cada 100 se escapan de declarar impuestos)
Se te lembras e tes gana podías deixar no post dos castiñeiros a foto dese castiñeiro que falaches alí...
;-)
Ben. Aquí unha xa está bastante acostumada a que lle corten as ás, así que tanto me ten un corte máis. Seguirei voando. Con trampas, coma sempre, se me obrigan, pero buscarei o xeito de que non me pillen. E se me pillan, xa di o dito: "Xogar e perder, pagar e calar".
De todas formas, tés razón no que apuntas, sempre hai enganos en todo e agora veñen con que a 110 se aforra moito. Vou ver o próximo recibo da luz, a ver se tamén lle aplicaron a redución de velocidade. Pero creo que vai ser que non.
Claro que despois da freada ao soldo que me meteron... ao mellor o dos 110 vai ser nada... En fin... Vou deixar o conto.
Coma sempre, moi enxeñoso, señor da Chousa.
Moitos bicos.
Namentras non sexa de obrigado cumprimento meter a marcha atrás...
Lémbraste das fotos cos nenos que se poñían antes no salpicadeiro do coche coa lenda "PAPÁ NON CORRAS".
Pois eso era unha premonición.
Podían dar exemplo e levar coche sen chófer e ir a modiño. Pero xa o dicían os curas: Fai o que che digo e non o que eu fago.
Una vez más, paciencia!. No soy capaz de calificar tal medida por lo absurda que ,me parece.
Ya les vale!.
Un abrazo
...Velocidade controlada pola realidade...
Eso sí,
...é velocidade.
Eres un encanto Chousa.
B.D.C.Ch.
B.
Van conseguer que de tan pendentes de ir a menos velocidade (isto faise mirando o velocímetro e non á estrada), ou pendentes de onde están para pillarnos e multarnos, teñamos máis accidentes.
O aforro ten que ver coas revolucións, se ti levas o coche moi revolucionado gastará máis. Así que eu penso que van conseguer que gastemos aínda máis (iremos en marchas curtas para coutar os cabalos.. jaja) e que teñamos máis accidentes.
Non se me ocorre cómo poderían facelo peor...
Aínda por riba hai que engadir o gasto de disfrazar os sinais.
Máis merda para a mesa....
Estámosche Ben! De carallo estamos!!
Bicos... lentos? jajaja. Sen emocionarse, non nos vaian multar... jaja
hahahaha!!! Alguén me dixo o outro día! Como o goberno toque dous dos temas sensíbeis (coches/velocidade e fútbol) fica completamente fodido...
Pois acaba de tocar o primeiro deles. Non importa o paro, a cultura, a lingua... maaaaisss; como nos impida pisar a fondo...
Ídesme perdoar, pero o cabreo colectivo por estas medidas confirma plenamente o que este "alguén" dixo.
A min, en realidade; dame igual chegar 5 minutos antes que 5 despois...
Máis rápido, máis alto e máis forte. Diga que si, Chousa. Que é iso de levarlle a contraria ao espírito olímpico?
Saúdos
Hai cousas que xa non entendo, nin me apetece comentar. A dictadura a que estamos sometidos chega a ser asfixiante. Manter esa velocidade en autovía ou autopista é un castigo, ademais que non se aforra nada. Só é pa multarnos, pa recaudar. E os coches cada vez con máis potencia, como non sexa para andar polas leiras. Un bico (antes de que o declaren improcedente)
Tí o dixeche,se houbera dous dedos
de fronte non faría falta
semellante entroidada.
Bicos
Engano tras engano. Xa nos teñen acostumados estos dos decretos, aínda que tanta limitación só leva á rebeldía e a un inconformismo cada vez máis latente. Claro que eles son os que teñen a última palabra, ou non ?
biquiños tranquilos.
Outro parche máis que nos vai f...astidiar a viaxe!
É outra da múltiples incongruencias deste goberno. Facer autovías e ralentizar o tráfico é tan paradóxico coma facer piscinas para lavar os pés, por exemplo.
Non se pode xogar co tempo das persoas, cando o tempo é ouro, disque. E a min a velocidade de 120 paréceme moito máis que razoable en autovías e autopistas e con coches provistos das condicións cinemáticas apropiadas.
Apertas.
Non hai quen crea esta mentira do aforro por ir a 110. A min, pola
autovía ou autoestrada, dáme o sono se teño que ir así todo o tempo; aínda a vou armar sen querer!
Menos mal que a diario vou por unha estrada "nacional", e xa non hai forma de pasar de 80... e claro, estes días non poñer os radares móbiles, que deben andar coma tolos pola autovía.
Algo de bo tiña que ter ir por vías secundarias!
Ei. Iso non é un camiño de carro. Por non ser nin sequera é un camiño. Pero ti xa sabes o que é ¿ou non?
Eu seino, Ulloa en fotos. E ti tamén; pero para os demáis valeu jajaja. Ademáis levaríame moito tempo explicarlles o que é. Ou o que pretenderon que fose...Non che parece?
Publicar un comentario