sábado, 5 de marzo de 2011

Egua

Calzada con alto nivel, lucindo cascos coidados e ferraduras niqueladas que golpean o chan poñendo acentos en cada pasada, quitando suspiros en cada galopada.
Ataviada con correas de sensualidade e cinguidas medias de encaixe con suxerentes ligas apreixadas.
Avanzando con donaire e magnífica caligrafía; debuxando no ar milleiros de figuras cargadas de semántica, pasmando a todo o hipódromo con cada pisada.
Non é diésel nin gasolina. Non depende da cotización do crú nin do custe do refinado. Incorpora dirección asistida, teito solar e peche centralizado. Que ben se vai de paseo na miña egua montado!

Foto: Pisando forte

29 comentarios:

Blogboreta dixo...

Véxote erguido, inhiesto e firme ahí... o galope!!!

Bicos de punta.

Blogboreta dixo...

pd. Alexandro Sanz estaría orgulloso da foto. ;)

A.C. dixo...

jajajaja xa sei que diras que necesito gafas, pero xuroche que no primeiro vistazo pensei que eran unhas pernas de muller. Seguro que eso foi o que pretendeches transmitir cando cortaches a foto.
(Deberas poñerlle a canción de Alejandro Sanz)
Bicos

Kaplan dixo...

Non se confíe, que aínda habemos de ver como sobe a cotización do biodiésel, mesmo o que queima o motor desa linda egua.

Trasno dixo...

Canta picardía se agocha detrás desa escrita.
Seguro que algún posteo terá nacido dacabalo desa egua que apunta tan boas maneiras. Cóntenos: onde vende os potriños de teito solar?

pitima dixo...

Mira que salestes fachendosos os de Antas eh... ¿E qué mérito fixestes para merecer tanto premio???
Nada??
De balde?? que sólo por vivir aí xa tedes tantos premios???
Uisss.. pois tede coidado que de balde non hai nada...
E así acaba a primeira lección de karma.
O seguinte fascículo xa vai máis caro eh...
Aínda no se sabe cántos fascículos son... Por si acaso vai facendo sitio.. jajaja

Bicos trocados (ti me mandas a min, eu che mando a tí..)

Ginebra dixo...

Y además no contamina, Chousa:)
Los caballos son los seres más maravillosos de este Planeta, además de la estética son muy nobles y fieles. Un deleite pasear a caballo por una dehesa o cualquier otro paisaje.
Besos

Carlosm dixo...

Moi ecológico e con tintes decimonónicos. Confeso que nun primeiro vistazo pensei que eran pernas de mulher. Já sei: non debo mirar sin lentes. Saudos. Carlosm

Harmonía dixo...

O malo é que coa egua non podes circular pola autovía. Bueno, que máis dá se total a partir de mañá xa non vas poder pasar de 110km/h. Hahaha!

Esa egua parece tan elegante! E iso que só enseña as patiñas... Que sorte tes!!

Marisa dixo...

Debe ser para ti unha gozada
pasear nunha egua
tan amañada,¿ non pensache
que quizais a ela lle gustara
ir montada a pelo sen
tanto arrequichamento?.

Coma sempre moi ocurrente.

Unha gran aperta.

mariola dixo...

Primeira parte: preciosa.
"Poñendo acentos en cada pasada"fermosísimo. Ten un alto contenido lírico maravilloso, qué sorte ten a egua por vela dese xeito tan elegante e único; é unha ledicia.
Ay! case suspiro por eses cascos!
unha aperta con elegancia, que eu tamén a teño, digo eu.
un bico.

Anónimo dixo...

En fin, que desde mañá todos iremos dacabalo ou case polas nosas autovías (eu xa fago contas coas multas que me vexo vir)

busto.agolada dixo...

Vainos ser difícil aparcar os cabalos que temos no garaxe e substituílos por eguas, aínda sendo tan fachendosas como a que nos presentas. Pero se o cru segue polas nubes teremos que imaxinar algunha solución que nos axude a superar a crise económica.
Apertas

mariajesusparadela dixo...

Non contamina...eu non sei a túa égua, pero os meus cabalos, ás veces, atufan...
E o combustible ben que subiu desde xaneiro de 10,50 a 13, subiu a cebada.
Pero, Chousa, no hai coche que dea a prestancia de un transporte así...e, se vas sen bridas e sen estribos e a égua é nacarada, entón xa non digo nada.

Anónimo dixo...

Es una buena propuesta la tuya: dejar el caballaje que se alimenta de petróleo en las cuadras y sacar los équidos para la calle. Ganaríamos en elegancia y ahorraríamos en multas. Envíale tu propuesta al gobierno para que los ministros tomen realmente las riendas de la economía.

Merce dixo...

Un biplaza a mar de economico :)

Bicos a 110!!! ou a 30 que tamen jajajajaja

Bolboreteira dixo...

OHH! Qué envexa señor Chousa , eu sempre quixen ter un cabalo para galopar polo verdes prados desta nosa terra.Disfrúteo!
Bicoss!

Raposo dixo...

Non esquezamos tamén a amplo maleteiro das alforxas de coiro e o espantamoscas ecolóxico do rabo!!

Anónimo dixo...

Un alarde de aerodinámica, prestancia e gallardía. Gústanme os cabalos (léase tamen as EGUAS).

A.

matrioska_verde dixo...

De sabelo antes non compraba meu coche novo, como una egua como a túa xa tiña amañado. ¡Lástima! Biquiños,

Paz Zeltia dixo...

Eu case non me atrevo a comentar... como ás veces parece que falas dunha cousa, pero falas doutra...
correas de sensualidade e cinguidas medias de encaixe con suxerentes ligas apreixadas non parece que fales dunha égua [por moi linda que sexa]

:D

pitima dixo...

Tes razón Zeltia... Este anda coa primavera anticipada, a sangre alterada, que xa se nota que non se prodiga tanto por aquí... jaja porque andara ocupado... coa egua, sí... jaja

Chousa da Alcandra dixo...

Un canteiro sempre anda ocupado buscando as mellores pedras para tallar ou, unha vez atopadas, tallándoas con esmero.
Polo demáis é ben certo que a primaveira empeza a notarse por estas latitudes e na Chousa percíbense axiña os seus primeiros efectos.

E mentras o cambio estacional cabalga -sen sobrepasar os límites da velocidade establecida- continuamos observando como, tanto os de mar como os de terra-adentro, enterramos a sardiña.

Remata unha temporada boa no gastronómico; pero eu -que definitivamente son moito máis de pescado, vou tentar disfrutar moito da Coresma poñéndome morado...

Deixo saúdos e bicos.

Blogboreta dixo...

Mais que de pescado, serás de marisco... bivalvo

Bicos.

Alís dixo...

A min pasoume como a Zeltia ó lerte. A cabeza fóiseme por outros camiños. En todo caso, só podo dicir que non sei nada de cabalgar (cabalgar animais... cabalgar animais de catro patas), pero supoño que para facelo é importante contar cun bo equino

Bicos

paideleo dixo...

Pois eu creo que estás falando dos xenerais do entroido anque con dobre sentido.
Xa o aclararás, se queres.

fonsilleda dixo...

Bonitas pernas.
Gustaríame moito unha egua asi. Ou cabalo, tanto ten.
Saúdos

irene dixo...

No sé por dónde tomarlo, pero no iré más allá, me encantan los equinos, al menos serían una buena solución contra la contaminación.
Bicos, Chousa.

xenevra dixo...

Seica no lles vai ben aos cabalos andar polo asfalto. Supoño que as bestas sufrirán do mesmo, ou?