Diante do desolador panorama que ofrecen os políticos do País, do Estado, da U.E... (tanto os que gobernan como os que amagan con querer gobernar); hoxe escoitei unha interesante proposta:
- "Había que levalos a todos (ós políticos) para a praia e que se adentrasen no mar ata que a auga lles dese polos xeonllos".
- Para que refrescasen os pés? -preguntou un canteiro aprendiz-
- Non; os pés precisamente poñérllelos cara riba...
Foto: Facendo pinos en Louro. Verán 2010
32 comentarios:
Bah.... a ises millor poñélos en calquera praia do norde galego ca auga polos collóns.
Ibanse a poñer a 140...alomenos. ;)
Bicos augados.
pd. ¿ tí es o depilado, o sen depilar ou o fotógrafo de secano?
Suscribo a proposta. Onde hai que asinar?
Atractivos pés tés, Chousa, por Tutatis!
Paréceme ben o que propón ese personaxe do que falas,
hale, lévaos a todos para Louro este verán!
;-)
jjajajajaaja! Proposta interesante para referendum, eu voto un si grande como o noso Monte Faro.A AUGA CON ELESSSSSS!!!!!!!
Bicos!!!
Pois non sería mala idea. A ver se a forza de que lles entrase a auga salgada polos ollos, nariz, orellas e boca, deixaban de dicir parvadas e de paso cristalizaba neles (e nelas) algunha que outra boa idea para que todo comezase a funcionar algo mellor.
Un saúdo, señor Chousa.
Afogalos é pouco.
Porque eles saben nadar e gardala roupa.
Para que lle quedaran fora os xeonllos, habería que atalos ó fondo (ou metelos debaixo dos "hilillos" que ainda han quedar...).
Os pes teñenos ben frios, pois se lles queimaran dabondo, sairian pitando
Temos unha pésima clase política. Niso estou de acordo. A solución que escoitaches para acababar con esta ralea de aproveitados é simpática, pero só lle observo un inconveniente: íannos deixar as praias tan corrompidas e contaminadas como adoitan facer con todo o que tocan. Mellor, lume, que purifica todo.
Saúdos.
A proposta non parece mala, pero non lles iba a afectar moito: total, pensan cos pés!
Bicos
Os pés meior cara riba, jajajajajaja, la cabeza es la que tienen que poner a refrescar, qué falta les hace a todos (los políticos).
Bicos y besos a la par:)
Creo que non hai remedio,nin que se poñan boca abaixo ou arriba, aínda que con esta proposta, quén sabe, alomenos ían ter fresquiñas as ideas ,qué ideas? máis ben terían fresquiñas outras cousas...
bicos mollados.
A foto,evocadora.
Mergullarse, deixarse abanear polas ondas dese mar de louro,
respirar o sol, bicar a pel salgada, sentir...
Unha boa proposta, non che ten un pelo de parvo o que a fixo.Eu poríalle unhas pedriñas na cabeza, non vaia ser que saian a flote.
Bicos
Os políticos son un reflexo claro e cristalino da sociedade. Son os políticos que a sociedade permite, son os que merece.
Teño unha listaxe de políticos, bastante extensa por certo, os que estou desexando ver desa maneira. Morto o can o mellor acábase a rabia!
Non sei si sería unha boa solución pois tras eles virían outros e non temos ningunha seguridade de que foran "outros".
Alis, atina moi ben.
Bicos.
Eu probei esa posición (un par de canelas que se ven na foto son miñas -as máis feitiñas son da señorita Chousa-), e asegúrovos que un anaquiño estase moi ben; pero despois...xurden moitas ganas de volver ollar o monte Pindo.
Qué gozada por dios, qué ganas de que llegue el verano y estar así, ... aunque no seamos polític@s, podemos no?
Upss, me salió en castellano, pois xa queda.
Qué imagen tan gráficaaaaaaaa, :)))))) buenisisiisisisima.
Sí, yo creo que a más de uno y una refrescar "a testa" les vendría genial.
bicos refrescados y buen finde
Si, si, ponemos a los políticos así...pero que no se puedan dar la vuelta...no?
Ni así nos librábamos de ellos.
Andamos perdidos, entre auga ou terra, están facendo de nos xente sen libertade. O cambio que nos espera tampouco parece moi apetecible, aínda quedan dictaduras. Besiños
Qué ben sincronizados... sí señor... Tiñades que federaros. Precioso.. sí.
Dábanme gañas de irvos facer cóxegas... jaja
As cóxegas dos políticos.. aí habería que incidir... a saber onde teñen eses bichos as cóxegas... jaja
bikiños ó dereito e ó revés, faciendo o pino... jaja (sincronizados eh.. nada de 69... non se nos vaia enfadar a señora Chousa...)
Dixeches señorita...
Pois lle van saír pretendientes con eses nocellos tan ben torneadiños (eso dicía moito o meu pai, pero claro, él era torneiro, non canteiro... E que cadaquén ve a vida ó seu modo ¿non?.. jaja
Ti si que sabes, home. Pero que non se refrescasen en Louro. Sería un lugar demasiado bonito para eles. Biquiños,
Non ven a conto, señor Chousa, pero os caraveis nacen case en calquera sitio. Soamente hai que sementalos con agarimo, cousa que non se fai habitualmente. E vostede sabe de que falo.
Saudiños.
Aplaudo a proposta!
Unha aperta desde o Deza
De seguro que os políticos
fan o pino doutra maneira.
Bicos e apertas.
Desde que los políticos son profesionales y no saben lo que es ganarse el pan, es cuando han bajado de nivel... vaya panda...
Besicos
Ai va! Que eu veranei máis de 18 anos en Louro. Qué recordos!!!!!! Cada vez caesme mellor! Bico
No creo que ni así se les aclarasen, ni limpiasen, las ideas.
Muy explícita la foto, sobran las palabras.
Bicos, Chousa.
Eu voto por iso!
Os políticos son, sin duda algunha, un mal necesario. O que me pregunto é se serán necesarios os partidos...
E como falta moito para o verán mudaremos de temática na imaxe, que para poder mergullarse nas praias galegas -sen riscos de pulmonías- aínda falta un chisco (a señorita Chousa cando viu a foto rememorou momentos e xa quería ir para Muros novamente).
... isso resolvia tanta coisa!!!
Publicar un comentario