luns, 14 de marzo de 2011

Escaparate

Nos tempos que corren seica hai que aforrar ata aforrando (Cela xa deixou clariñas as diferenzas entre infinitivos e xerundios).
Nesa teima obsesiva de contención do gasto, non sei para que carallo derrochamos tanto en cosmética facial, cando abundan os exemplos  que descubren a retagarda como un singular e magnífico escaparate de insinuantes interioridades que presaxian a excelencia...


Foto: Sobre un cartaz de "Artesanía de Galicia", foto de Chousa da Alcandra

25 comentarios:

Trasno dixo...

hahaha, sácaslle punta a todiño. Preguntome que che fai pensar neste caso que ofrecer a retagarda da modelo saliu mais barato.Tomacastaña.

A nena do paraugas dixo...

Pois vai ser que os escaparates non me gustan, agás para estudar como desde fóra se vende a un prezo e dentro se dá outro. Será polo contraste polo que non me gustan! Prefiro a terra firme. E aínda así! Mira o do Xapón, que se pensaban coa seguridade máxima do mundo mundial! Nada que vai para nngures!

Aforrar! E quen aforra?
Meu! Desde o meu punto de vista, quen co dos demais negocia en beneficio propio. Así que creo que nunca poderei aforrar un can. Nin para a fita dese chapeu tan redondo...

Pero sabes que? Son máis feliz así, vivindo ao día. Total, para que veña un tsunami e me leve todo de chapeu!

Biquiños. Sen aforrar neles!

Carlosm dixo...

E logo seica che gustou o sombreiro?.
(Vante canear os da Junta Galaica por empregar a sua image e algunhas seguidoras van interpretarte como un machista empedernido. Tranquilo, eu non te interpreto asim: eu já sei que o es). Saudos. Carlosm

mfc dixo...

Há retaguardas fantásticas!!
Não podia estar mais de acordo!

Anónimo dixo...

Entre tu ojo siempre atento y la elección de la gente de galicia calidade os habeis cargado aquello de que la cara es el espejo del alma.Aunque reconozco que la retaguardia ofrecida es insinuante.
Saludos

Dilaida dixo...

Si, pero non sempre é así, moitas veces ao mirar polo outro lado levamos unha decepción.
Non todo é o que aparenta.
Bicos

Ginebra dixo...

También hay cosméticos para la "retaguardia" de la que hablas, Chousa:).
Para lo que no parece haberlos es para lo interior, para la conciencia, precisamente lo que más cuidados necesita.
Bicos

Harmonía dixo...

Para aforrar???
Arte, si, e bo ollo!
Ti si que tes arte!!

Paz Zeltia dixo...

Círculos, curvas, ánforas e formas de ánfora, con asas incluídas.

Unha mirada moi artística.

O sombreiro popular nese corpo sofisticado, fai un contraste interesante para a nosa mirada pouco afeita...

pero no tocante ao aforro, en "potenciar" o bo aspecto da retaguardia, tamén se gastan cartos, tamén... -roupa adecuada, exterior e interior, anticelulíticos, cando non ciruxía descaradamente e relleno de glúteos con silicona-
Sintoo, chousiña, quebrarche a túa inocencia XD

Bolboreteira dixo...

En arte non aforras está ben claro.
Pedazo de foto preciosa!
Parabéns!
Biquiños

Chousa da Alcandra dixo...

Trasno: Para sacarlle punta a todo hai que ter ben afidada a navalla, e non sempre se logra.

Nena do Paraugas: No asunto ese do aforrador non-aforrador, a min atoparasme sempre do lado dos que disfrutan da laranxa como froita.

Carlosm: Ajradézoche a confianza. Eu ben sei que ti e máis eu concordamos no gusto polos sombreiros!

mfc: E para mostra este botonciño que non amosa todo o seu potencial...

Dilaida: Levas razón. Sempre hai que mirar todo o sumario antes de emitir veredicto; pero a decepción tamén podía estar na retagarda...:-)

Ginebra: A cosmética da interioridade seica é mala de cultivar en laboratorio. Din que ten que nacer, precisamente, de dentro.

Harmonía: Sería un derroche aforrar en arte. Por iso hai que ter sempre os ollos atentos para non escatimar miradas...

Zeltia: Pois sí que me amolaches ó demostrarme que Bambi, en realidade, non é cabritiño; senón un castrón!

Bolboreteira: Esta vez o mérito non é meu. Eu unicamente fixen a foto da foto (non vaia ser que me caneen os de la Junta, como dixo Carlosm).

E xa postos a matizar, recalcar que -aínda que na idea da imaxe se percibe moita calidade- ésta non é de Galicia Calidade, senón de "Artesanía de Galicia", que ten algo máis dunha ducia de imaxes excelentes, algunha das cales non descarto que volvan aparecer pola Chousa.

Marisa dixo...

Tés razón Chousa
fainos máis ilusión
o que se insinúa
qué os afeites a cara
descuberta.

Unha gran aperta

susana moo dixo...

Marean as curvas do... sombreiro!

mariola dixo...

Nestes tempos non se pode xa aforrar nadiña (e menos derrochar en cosmética facial; a cara lavadiña e listo, bueno se queres un pouquiño de hidratante e xa)
Á verdade é que esta retagarda está ben feitiña, aínda que a min o que máis me gusta son esas insinuantes interioridades que presaxian a excelencia, o mellor sempre está dentro.
un biquiño.

matrioska_verde dixo...

A retagarda tamén ten que estar ben coidadiña, o mesmo que o fronte, digo eu, que todo e corpo ¿non sí?
E de aforrar, non me fales… non me fales que me poño de mal humor. Biquiños

Anónimo dixo...

Se che digo a verdade creo máis naquelo que lle dician dun lado ao outro da ribeira a berros:

-Fame?
-Sempre cha houbo!

É así, só que non sempre non somos nós os que podemos mercar a crema antienrugas do demo... O caso é ir lucindo no escaparate!

Unha aperta para alá arriba!

Raposo dixo...

Tiña un montón de cousas que dicir pero, xa que logo, hai que aforrar verbas....

la cocina de frabisa dixo...

Me encanta la foto, Chousa, es ideal para mi gusto.

Si realmente lo que hay que tener es carisma, buena conversación, una buena dosis de humor y lo de la cosmética facial va muy por debajo de esas cualidades.

Además, el que nace bonito/a.... con un buen lavado de cara de agua de manantial galego, no necesita nada más.

biquiños e bo día

mariajesusparadela dixo...

Ten razón: la arruga es bella, porque agacha un pasado...(como me convén,jeje)

Merce dixo...

Aforrar! je para poder aforrar primeiro hai que poder gañar cartos...

A foto, encantame :)

Biquiños!!!

Belén dixo...

Si salieran los verdaderos culpables de todo esto y tuvieran que pagar, otro gallo nos cantaría...

Besicos

pitima dixo...

E logo sentirémonos ben cando nos chamen cara de cú... jajaja..
Anda que...
Entón a crema onde?? ¿no cú?
Aissss
A foto ben, o que pasa é que a min gústanme máis os teus robados que os posados... ;P


Demasiado preparado para a foto...

O enfoque ben, claro... deixároncho a bo tiro... como para que me fallases ti... jajaja

Non sei como che vou mandar o bico hoxe... que estou de cú... jajaja

Gardarémolo para outra logo... ;DDD

Chousa da Alcandra dixo...

Marisa: O poder da insinuación ten uns códigos moito máis amplos que o da mensaxe directa; á que si?

Susana Moo: Marearse con algunhas curvas empeza por ser un pracer e acaba por ser unha marabilla!

Mariola: Certo que o mellor está sempre dentro; pero non me negarás que un bo envoltorio convida a fedellar para mirar ese contido ;-)

Aldabra: Ata o rabo todo é cabalo, si señora. Por iso facerlle unhas trenciñas na cola á montura pode axudarlle a lucila máis...

Raiz Verde: Aínda recoñecendo que non sempre se pode ir lucidos; sí que convén alomenos ir sempre lúcidos!

Raposo: Tiña pensado convidarte a formar parte da miña candidatura política; pero se me aforras palabras...vouno repensar. (E co ben que me viña levar un Raposo...cajonatós!)

Frabisa: Si, si; pero para chegar a poder desplegar a conversa agradable, hai ocasións que convén amosar un chisquiño do que gardamos "debajo" previamente...jajaja

Maria Jesús: As cousas con exceso de planchado acaban por ser monótonas e pouco atraíntes. Eu tamén voto pola alternancia da arruguiña!

Merce: Tamén se pode aforrar noutras cousas, muller. Alguén falaba de aforrar palabras...Aínda que nese caso a ver qué carallo facemos os badueiros!

Belén: Seguro que tés razón no que dis,pero teño a sensación de que o teu comentario ía cara outro razoamento.

Pitima: Xa sei que os roubados son sempre moito máis apetitosos; pero hai veces que se cho poñen así a tiro...quen carallo se pode negar a dispararlle?.
(Anoto que me debes un bico por estar de cu).

---
Con esta primaveira que chama á porta axiña teremos clorofilas e imaxes polinizadoras enriba dos blogs; por iso permítaseme a licencia de falar hoxe de algo nada estacional. Imos aló (e non digo alá, para que non se me malinterprete...)

Blogboreta dixo...

¡¡ A tomar polo cú as cremas!!! ;)

Muas!

xenevra dixo...

É que aínda nos custa actuar a cara descuberta.