O primeiro asubío é a vista. Cantas veces asinaríamos veredictos nese estadio; pero non se debe ser superficial cando o que se quere é, precisamente, profundizar.
E así entramos na fase olfativa. Aquí cómpre aplicar habilidades que permitan afondar gratamente no coñecemento, á vez que deben coidar que non nos rompan o caserío da pituitaria.
Por fin chegamos ao momento gustativo. Soamente coa boca, olliño con isto; e por moito que che guste, hai que cuspir...
Ser catador de viños profesional é moi difícil. Por iso eu sigo barallándome na pasantía do eterno aprendiz.
Foto: Cata en fase visual.
























