domingo, 15 de novembro de 2015

Acuarela

AquarelaUlla
Hoxe non teño nada que contar. Está case todo dito. E o que non se dixo, está pensado.
Hoxe soamente quería amosar que ese mesmo mundo das ametralladoras cuspidoras de dor, tamén acolle fervenzas intérpretes de perennes melodías, follas de outono bailarinas dunha danza sutil  e ríos que son pintores de acuarela. 
 
Foto: Río Ulla pintor (Antas de Ulla)

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Vostede sempre sabe como facernos vibrar, Sr.Chousa. Grazas por estar aí.

Anónimo dixo...

¿Dónde está el botón de "Me gusta"?

paideleo dixo...

Supoño que os seres humanos temos que aprender dos ríos pintores.
Xa dixo o outro: o día que o home se calzou, perdeu o contacto coa natureza.

Cuspedepita dixo...

¡Que pasada de foto!

Canto tempo sen vir por aquí.

Sobrevivo, anque pasaron cousas tristes desde a última vez que andiven por aquí.

Apertas

Anónimo dixo...

Joder Chousa, vaia fotón. Canto mais a miro mais me gusta. E unha pasada

busto.agolada dixo...

Unha imaxe moi fermosa, froito dun bo ollo fotográfico. Unha aperta.

matrioska_verde dixo...

ás veces cólleme por sorpresa a nostalxia e sinto a necesidade de buscar os blogs queridos.

saúdos e bicos.

Paz Zeltia dixo...

Un reflexo enfeiticeiro. Xa vexo. Sorte por velo. (e aprecialo)

mariola dixo...

Que fermosura! As nosas miradas descansan apraciblemente ao contemplalo.
Se fose meu xa o tiña enmarcado.
bicos chousa.