Espazo inmenso de carreiras infantís,
de pernas enfiadas entre os balaustres descoloridos polos veráns.
Lugar acolledor.
Parapeto de niños de anduriña,
secadeiro permanente de castañas, de noces e abelás.
Das regalías todas atomizador.
Peitoril de olladas sorrintes cara a aldea nos días de festa,
escenario de privilexiadas parolas.
De conversas provocador.
Prolongación flotante da casa,
bambán firme da incitante vertixe, altar interno
e sagrario exterior.
Solaina máxica. Galería, enseña e blasón: Corredor.
Foto: Captura de lembranzas.
8 comentarios:
Certamente un corredor así dá para moito.É o inicio dun labirinto imaxinario.
Ai! Aqueles días da infancia!😄
Todo iso e máis eran os corredores das casas da aldea.O que teño xogado neles!! Nos pisos novos das cidades non se atopan, os arquitectos, eses nugalláns, esquecéronse deles.
Pode escoitarse a algarabía infantil contemplando esa foto. Dan ganas de correr por ese corredor
Ole ole ole, polo corredor!
Fixéchesme lembrar os corredores da miña infancia: máis curtos pero con parecidas anécdotas.
Os balcóns de agora non son o mesmo.
Estes son "corredoes da vida" . Que veñan os ianquis, eses da 'democracia máis antiga do mundo' e vexan solucións e construcións construtivas.
Como me recuerda ese corredor a mi niñez.
E que dito así cobra aínda máis vida este corredor, faise máis fermoso.
biquiños.
Publicar un comentario