Nexo. Conxunción copulativa, que funde pedra e madeira con simples engarces de harmonía.
Interruptor. Aparello sutil que procura a noite no día con simples xiros de aparente monotonía.
Sensual. Constante penetración en perenne simbiose de milimétrica asimetría.
Entre funcional e decorativa, ata mutar de ferro a sinxela fasquía.
Foto: Ferraxe (que non ferruxe) con carmín
2 comentarios:
Unha ferraxe
con moita
poesía.
Bicos
Había que inventar un novo termo para esta combinación de madeira e ferraxe: madeiraxe ou ferradeira.
Non esquezas a lubricación.
Publicar un comentario