sábado, 1 de abril de 2017

Modernidade

Moito gosto da evolución en xeral. Case todas as cousas que nos trae aportan comodidade, gustiño e vantaxes. Caben o debate e mailo matiz, xa o sei.
Acaso podedes, sen ceibar un sospiro, imaxinar o noso mundo sen medios de transporte, sen luz eléctrica, teléfono, televisión (sen contar Tele5), ou sen YouTube? Seica sodes capaces de considerar a cotidianidade de vivir sen cociña de indución  e sen wikipedia?
Toda esa bagaxe de actualidade resúltanos imprescindible; pero nihil obstat para que pasmemos o ollo cando pasan por diante de nós a fermosura intrínseca duns pés calzados nun par de zocos disfrazados de entroido ribeirao.

Foto: Combinando.
(Feira do Viño 2017, Chantada) 

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Si si, a ti polo ollo tirouche a moza, que xa nos imos conocendo ;)

Pedras dixo...

Si, si, a desculpa son os zocos de cores...
:-)

peke dixo...

Seica son a última moda. ;)