Non é nada fácil. Á consabida limpeza cómpre engadirlle bo gusto no vestir e porte no camiñar.
Imprescindible unha conversa atinada para o momento e apropiada para as circunstancias.
En todo nin moito nin pouco; e en nada excesos nin carencias. Agasallar mesura no implícito e sutilidade no explícito. Cordial pero distante; manexando a amabilidade sen que pase de cortesía...
Cando todo iso dominas, e vas ser investido gentleman da túa corredoira, danche ganas de mexar; e escarallouse o nomeamento.
Foto: Agarrado á pirola nun recanto. Dimisión do gentleman por imperativo vesical.
10 comentarios:
O meu reino por unha boa mexada
Son o do reino mexado e volvo pra preguntar onde tiraches esa foto. Hai eiquí xente disposta a apostar
Se hai apostas polo medio, á banca debería quedarlle cando menos...un 15%?
Desta vez, por ser a primeira, ímolo poñer de balde. A foto foi en Porto.
Ai, amiguiño, nin que os gentlemen* non mexaran!
* Os gentlemen, as modelos de Victoria's Secret...
Gentelman VS Porcoman.
Ai! Estes humáns como son...
Cando a vexiga apreta non vas andar con sutilezas. Calquera sitio é bo. Todos o temos feito algunha vez
Esa fotografía sí que nos habla del "momento decisivo", tanto para el fotógrafo como para el fotografiado... Supongo que el gentleman en cuestión se quedaría a gusto, como poco:)
Bicos
Mal está, desde logo, pero teñamos un pouco de comprensión á vista da idade do gentleman e da súa próstata.
bueno, bueno. Xa veriamos se o gentleman tiña domeado todo iso que mencionas... (fácil non é)
Publicar un comentario