mércores, 23 de novembro de 2016

Samartiño

Somos ínfimos desde o punto de vista cósmico. 
Por máis que pretendamos a reivindicación de centro neurálxico do universo, non somos máis ca micras dun po minúsculo que se move según zoan os ventos.
Na ousada sobrevaloración que de nós facemos, chegamos a defender, con mirada intelixente, que o obxectivo do mundo é a nosa propia existencia. Canta inxenuidade! Ínfulas de seres básicos pensar que o obxectivo é nacer.
A pouco que profundizamos na lóxica máis básica, decatámonos que para o único definitivo que vimos ao mundo é para fenecer.

Foto: Mirada intelixente allea ao Samartiño.

4 comentarios:

paideleo dixo...

Seremos humanos pensadores ou porcos que filosofan ?.
Eu creo que somos as catro cousas e que viñemos para nacer e morrer e,no medio, comer e beber; as catro cousas tamén.

Anónimo dixo...

A mirada do becho semelha ameazante. Incluso porca. Com tudo, tamem lhe chegará o seu Samartinho

Pedras dixo...

Moi oportuna reflexión. É enténdese moi ben amensaxe...

mariola dixo...

É certo que o noso ego é maiúsculo, máis cada mota de pó ten unha función nesta vida. Todos formamos parte dun todo.
Este porquiño penso que sabe algo...
biquiños chousa.