Somos ínfimos desde o punto de vista cósmico.
Por
máis que pretendamos a reivindicación de centro neurálxico do universo,
non somos máis ca micras dun po minúsculo que se move según zoan os
ventos.
Na ousada sobrevaloración que
de nós facemos, chegamos a defender, con mirada intelixente, que o obxectivo do mundo é a nosa
propia existencia. Canta inxenuidade! Ínfulas de seres básicos pensar que o obxectivo é nacer.
A pouco que profundizamos na
lóxica máis básica, decatámonos que para o único definitivo que vimos ao mundo é
para fenecer.
Foto: Mirada intelixente allea ao Samartiño.
4 comentarios:
Seremos humanos pensadores ou porcos que filosofan ?.
Eu creo que somos as catro cousas e que viñemos para nacer e morrer e,no medio, comer e beber; as catro cousas tamén.
A mirada do becho semelha ameazante. Incluso porca. Com tudo, tamem lhe chegará o seu Samartinho
Moi oportuna reflexión. É enténdese moi ben amensaxe...
É certo que o noso ego é maiúsculo, máis cada mota de pó ten unha función nesta vida. Todos formamos parte dun todo.
Este porquiño penso que sabe algo...
biquiños chousa.
Publicar un comentario