Formado con lecturas que afondan en procesos de marroquinería de alto copete, tamén recibe instrucións radiadas sobre a necesidade de vender zocas a funámbulos e tacóns a coxos.
Cada día trata con malfalados compradores de zapatos que cuspen insultos contra zapateiros e salientan desconfianzas en solas, cremalleiras e amallós.
No medio, na terra de ninguén, habita imperturbábel o dependente de zapatería; armado de sorriso, ás veces de gravata, e sempre de calzador...
Fiel á marca sen deslealdades á clientela, calceta transaccións de botas, chinelas e calcetíns.
Cando se deita remexe no baúl das cousas sen solución, soñando con zapatillas, sandalias e outras formas de calzar; mentras pensa no sinxelo de prestar asesoría sobre vestir os pés, simplemente, a quen descalzo non queira andar.
Foto: Café cardiomórfico. Feito, unicamente, para quen o queira tomar.
8 comentarios:
Debería poñer unha imaxe dalgún zapato con tacón. E abofé que algunha teño; pero desde que o sábado me fixeron este café, non podía gardalo por máis tempo.
Así que a ver como carallo facedes para calzar esta imaxe co texto. Se precisades calzador...avisade!
Compensa, porque o texto é precioso. :)
Ese café con corazón
calza con todo.
Moitos bicos
e boas festas
de nadal.
Moi saboroso!!
Grazas :-)
Ai, Chousa, que de novo se me embazan os ollos!
Que ben comprendo a ese dependente da zapatería! El que soñou ser zapateiro e quedou en mero vendedor, atendendo a clientes que van buscar zapatos co morro torto, obrigados pola friaxe das laxes húmidas. Máis lle valera quedar en remendón!
Un bico brillante de betún!
E ese café... ese café... xa me chega o arrecendo, igual que as túas palabras, sempre sorprendentes, atinadas e fermosas.
Boas festas!!
Café de corazón calza sen calzador a calquera hora.
Pois con botas Gorila e calzador en man deséxolle a vostede unhas felices festas!
Lindo, Chousa!!!
Publicar un comentario