Aprenderemos a ser realmente fortes cando logremos copiar da natureza esa capacidade de preservar a intrínseca fermosura, incluso baixo o ataque feroz das xeadas.
Mentras iso non acontece sigamos inhalando dozuras cos ollos pechados, á vez que contemplamos cos oidos ben atentos a sinfonía para os sentidos que nos ofrece o lene e sutil roce dos pétalos cando se abren...
Foto: Agresión extrínseca. Fermosura permanente.
4 comentarios:
Pois eu creo que si o facemos! Acaso non é o tempo a nosa xeada, a peor que hai?
A foto é moi representativa. Mágoa que nas clínicas de estética lle pintaran ao lado unha xiringa con non sei que formoles conservantes.
Bo día, Chousa!
Que bien hablas
Somos xentes de "verán", criados baixo a exhuberante beleza, as cores rechamantes e os exteriores apetitosos... sen ter en conta que esa beleza é tan efímera como as roseiras.
bonita metáfora, meu ;)
A natureza sempre nos marabilla.
Non me extraña que haxa xente que pensé que é obra dun ser todopoderoso.
Publicar un comentario