Era unha vez un aloumiño na procura do seu suspiro.
Movíase con ansia polos recantos, entre costuras contido.
Aliouse cun bico que buscaba os beizos nos que libar dozura.
Remexían xuntos encendendo o ánimo e varrendo o sentido
Cando ambos estaban a piques de consumar o encontro derretido; albiscaron unha chave que buscaba, frenética, a súa pechadura.
Foto: Pechadura.
9 comentarios:
Ler estas palabras, Chousa, e sentir ganas de dar uns arrechouchos é todo un.
Un exemplo perfecto de cantar de amor.
É a primavera que trae inspiración, nonsí ?.
Una chave ben dereitiña, sí.
:D
Ay...ese varrendo o sentido!
E a chave frenética tamén igual que ese amor! Gústame esa comparación.
biquiños chousa.
E subiu a temperatura!!
Muitas chousas hai pola nosa Terra adiante, pro tan produtivas e inspiradoras coma esta, non oh!, hai que ver... Un auténtico pracer!
a foto con esa chave q invita a abrir.
(non parece moi frenética, pero unir "chave" con "frenética", paréceme un acerto.)
Todo o tempo pensei na chave e na pechadura!!! O metal a piques de derreterse e fundirse...
Tampouco puden evitar un gran sorriso
Bicosss
Publicar un comentario