domingo, 10 de agosto de 2014

Catedral

Nesta terra  que maximiza o incensario ata o grao de botafumeiro; na que os camiños acadan a maiúscula no singular. Onde o verde rebecha incansable ata convertirse en esencia mesma que se respira e se mama.
País onde o rexente do muiño tórnase feminino para poder bailalo; espazo estelar fermosísimo que destila as bágoas da montaña coas que fai conxuros curadores.
Aquí, onde somos capaces de facer embelgas na ría, foi onde o mar quixo espetar a sede da súa  única Catedral.
.
Foto: Virxa da Barca. Muxía.

9 comentarios:

pitima dixo...

Fermoso. :)

Pedras dixo...

Que fotazo!!
O post quedouche de catedral!

Alís dixo...

Moita morriña me entrou ó lerte.
Hai que aguantala, non queda outra.

Bicoss

Anónimo dixo...

Es un truco, no?.
En Galicia no hay catedrales hundidas en el mar.....

Chousa da Alcandra dixo...

En Galicia hai de todo; pero na foto non hai truco, Anónimo; hai ángulos fotográficos...

Alís: Como dí a publicidade dunha entidade galega ultimamente...quítate a morriña léndome! :-)

Pedras Foi feita (case) en posición de corpo a terra. Para que logo digan que a fotografía non é "esclava"... ;-)

Pitima: Grazas por ver con bos ollos estas reflexións dun canteiro de interior. :-)

Una anónima dixo...

Pregunta para Anónimo: hay catedrales hundidas en el mar en algún otro sitio?! Siento curiosidad.

Chousa da Alcandra dixo...

Ánimo, Anónimo..., mira a ver
(Dalle marxe, Anónima)

A.C. dixo...

Que bonito o fas e que fermoso o retratas. Anque fose cuerpo a tierra, mereceu a pena por esa foto tan impresionante dunha catedral que, efectivamente, case quixo comela o mar este inverno. Bicos ben merecidos, Chousa

Paz Zeltia dixo...

Quedei impresionada con esas torres que parece que emerxen da rocha