Nesta terra que maximiza o incensario ata o grao de botafumeiro;
na que os camiños acadan a maiúscula no singular. Onde o verde rebecha incansable ata convertirse en esencia mesma que se respira e se mama.
País
onde o rexente do muiño tórnase feminino para poder bailalo; espazo estelar
fermosísimo que destila as bágoas da montaña coas que fai conxuros curadores.
Aquí, onde somos capaces de facer embelgas na ría, foi onde o mar quixo espetar a sede da súa única Catedral.
.
Foto: Virxa da Barca. Muxía.
9 comentarios:
Fermoso. :)
Que fotazo!!
O post quedouche de catedral!
Moita morriña me entrou ó lerte.
Hai que aguantala, non queda outra.
Bicoss
Es un truco, no?.
En Galicia no hay catedrales hundidas en el mar.....
En Galicia hai de todo; pero na foto non hai truco, Anónimo; hai ángulos fotográficos...
Alís: Como dí a publicidade dunha entidade galega ultimamente...quítate a morriña léndome! :-)
Pedras Foi feita (case) en posición de corpo a terra. Para que logo digan que a fotografía non é "esclava"... ;-)
Pitima: Grazas por ver con bos ollos estas reflexións dun canteiro de interior. :-)
Pregunta para Anónimo: hay catedrales hundidas en el mar en algún otro sitio?! Siento curiosidad.
Ánimo, Anónimo..., mira a ver
(Dalle marxe, Anónima)
Que bonito o fas e que fermoso o retratas. Anque fose cuerpo a tierra, mereceu a pena por esa foto tan impresionante dunha catedral que, efectivamente, case quixo comela o mar este inverno. Bicos ben merecidos, Chousa
Quedei impresionada con esas torres que parece que emerxen da rocha
Publicar un comentario