Pode ser que estes primeiros pétalos non acaden o cumio da madurez. Ata é posible que ningún insecto sexa capaz de facer tremer os pistilos para arrincarlles a semente polinizadora. Aínda virán xeadas que estrangularán o seu delicadísimo cáliz para trocalos en inertes proxectos de froita madura.
Secasí, non hai quen lles quite o mérito de ser a infantería de vangarda dun exército que xa se anuncia victorioso nunha batalla sen disparos, nunha guerra sen artillería, nun conflicto sen enemigos.
E, a pesar de todos os pesares, esta ha ser a primeira das outras novecentas noventa e nove que virán faladas en galego.
A pesares das pistolas cargadas con balas de perversa munición, a pesares de valedores descargados do máis mínimo valor...
Secasí, non hai quen lles quite o mérito de ser a infantería de vangarda dun exército que xa se anuncia victorioso nunha batalla sen disparos, nunha guerra sen artillería, nun conflicto sen enemigos.
E, a pesar de todos os pesares, esta ha ser a primeira das outras novecentas noventa e nove que virán faladas en galego.
A pesares das pistolas cargadas con balas de perversa munición, a pesares de valedores descargados do máis mínimo valor...
Foto: Infantería de pétalos invadindo Antas de Ulla
37 comentarios:
E a pesar dos pesares ninguén poderá impedir que despois desta veñan outras, con máis ou menos forza, ao mellor un pouco máis deslucidas.. pero virán.
Bicos
mil primaveras máis!
o gromo da preciosa fotografía simboliza marabillosamente a primavera,
e as túas palabras sobre él, fan unha boa metáfora para o que está a ocurrir coa nosa língua.
non é estraño que a frase dun epitafio nos sirva de emblema para darmos folgos uns ós outros?
pero sí, renova o entusiasmo cando escoitamos:
mil primaveras máis para o galego!!!
Moitas máis de mil ei comentar eu, seguramente.
Supoño que flor de pexego, ou de pavieira, abrideiro ou similar. E, tanto ten que non chegue a fruto (boh, non exactamente tanto ten , pero ti xa me entendes ...(logo xa te conto o de xa me entendendes)), a lo menos, fai que o noso corazón se alede co anuncio.
(Pois había un "sancristán" (non sei por qué asociación acá , pola nosa terra, o santificamos), casado cunha muller moi xeitosa. E un día que estaban o crego e mais il falando, pasou a muller. O crego, que sabía latín, mirouna amodiño, darriba abaixo. O sancristán dixo
_Señor cura, señorcura, señorcura...
E o cura respostou
_Xa te entendo,xatentendo,xatentendo.
E mirou cara a outro lado)
A quen se lle diga que nin unha pequeniña traducción...
;)))
Porque malia o teimudo do tempo, e ás propias desfeitas que algíns facemos/fan, as primaveras seguirán medrando nos ollos, nas bocas, nas mentes de todos e todas os que temos a forza ilusionante das raiceiras.
Mil primaveras máis cheas de contos, de cantos, de flores que fagan revolucións (e iso que aínda non chegamos a abril)
Un bico primaveral de futuros enxertados na lingua.
Agardemos a que teñas razón.
Un beixo fresco, como a chuvia de primmavera.
Que fermosa simbología usaches trocando pistilos por pistolas.
Ogallá que o valedor do pobo galego se decate que como siga "valéndonos" así, vai quedar sin choio.
Eu tamén me sumo o berro de
MIL PRIMAVEIRAS MAIS PARA A LINGUA GALEGA!!!!!
Carlosm
Sempre que quede unha raiz e circule unha savia forte polo seu tronco, florecerá unha e outra vez, e unha e outra vez :) bo e regala e alimentala, inxertala, coidala, protexela.
Gustame a foto, un chisquichiño mais de luz e... "chapó" ;)
Biquiños a moreas.
Hai beleza, só é preciso (con sabiduría)estar prestos ó momento preciso, para retratalo e darlle coas palabras axeitadas o seu intre de gloria. Cousa que fas, con maestría. Bicos (sen pistolas), por suposto.
Como terían que ser todas as guerras, todas as batallas, sen un só disparo.
Continúas sendo un poeta coa cámara e coas letras e esa flor que nos mostras, aínda que non chegue a froito, xa cumpriu o seu labor con que ti foras quen de captala.
Bicos, traste, "ti xa me entendes"
mariajesusparadela, o de sancristán é moi común, é un proceso lingüístico no que se asocia o que se fai co léxico, e como o sancristán anda cos santos convértese en sancristán :P...(algo aínda aprendín na facultade).
Debo andar algo atoallado, que non acabo de collerlle o fío ó que dis Ofelia.
Carallo! nunca pensara nun exército de flores...
Disfrutade dos gromos namentres as follas aquí comezan a estar febles e amarelas...
Unha aperta.
Antón.
Ten vde razón: aínda o tempo dará voltas e sorpresas, pero a guerra da vida está gañada. A primavera non hai quen a pare.
Quería telo feito xa, pero non estba no lugar axeitado ;)
Agora si. Agora va uma revoluÇão de cravos, uma revolução de flores que traza mil primaveras mais para a nossa lingua
Chousa, me ha gustado mucho este post tuyo. Una flor (¿es un melocotonero , quizás????) preciosa y una reflexión muy original. Disparar pétalos es lo que debería haber, pétalos y buenos deseos en lugar de balas y misiles.
Te envío un beso o mejor, te disparo un beso
Unha bonita benvida
lle fas a primavera,
pero tes moita razon,
agora mesmo acaba de
caer por riba das
primeiras floriñas
un pampero de pedraza
e chuvia que tremían
de medo con tanta
artillería.
Biquiños
Boa metáfora do que é a vida en si...
Frores que axean a destempo... e tanto capullo por ahí solto que nin se inmuta.
Encantoume, e a foto é preciosa.
Bico!
Que tengas siempre el buen gusto para hacer estas fotos y la delicadeza que muestras con tu idioma. Un placer venir a este lugar
Joanna
A foto é... engaiolante, coma a primavera. Pero mira ti que o luns miña nai sorprendeume con algo semellante: "Vai mirar na horta, verás que bonitas están as froiteiras!"
E fun. Estaban verdadeiramente fermosas. Pero cando entrei na cociña de novo, atopeina sentanda no seu sillón, agarrando o caxato coas dúas mans e coa mirada fixa no chan. Sen darme tempo a dicir unha palabra, sentenciou: "Ben. O mércores seica xa chove. Velaí vai a colleita".
Cando teña tempo, parareime a pensar nesta anécdota. Agora, só te felicito, Chousa, pois imaxe é primavera en estado puro e o texto... sen comentarios. Atinada maneira de enfocar a realidade. Coma sempre.
Moi fermoso, moi certeiro, moi valente, moi rotundo e definitivo. Acóllome ao teu manifesto das mil primaveras máis.
Fermosa invasión, e fermosas palabras.
Se tu o dizes...
:-)
Qué fermoso, un exército de flores, 999 primaveras, e color lila, violeta, para celebrar a morte e resurreción do Noso Señor.
Amén.
E iso que están os tempos mesmo fríos e treboentos...
Con mil flores e mil primaveras miraremos de curar ese andacio que percorre as moquetas de San Caetano desde hai pouco máis dun ano.
Moitas apertas.
A natureza foi xenerosa contigo, minha chousa querida. Noutro idioma, o que dis non tería sentido :-)
Deixo hoxe comentario para unirme a ese exercito de flores para combatir eses desleigados que pouco máis fan que cavar a súa propia tumba... Nen calaremos, nen perdonaremos!!!
! Viva a revolución!
Ah, e para que conste en acta, non abandonei os blogs, só me tomei un respiro, andiven enfrascado nunha aventura pero o destiño doume a entender que o mellor será seguir tomando o sol e posteando... bueno, xa cho contarei.
Apertas, meu.
ostras, paco penas volve combativo
:-)
oiches, chousa, por qué pón aí no enlace que tés o meu blog que zeltia non actualiza dende hai dous meses? mira a ver onde lle andiveches fedellando!
feliz finde a tí e ás/os que se pasen comentar
A cada um a sua própria guerra.
Atemporal ou não.
É isso aí.
Bom final de semana
Zeltia, ruliña, o problem no debe ser de Chousa, porque cando te engadín ó miña lista tamén dí que hai dous meses que non actualizas...
Seguramente é cousa da mudanza. Cando volvas actualizar seguro que xa podemos enterarnos rápidamente...
Ó post: Claro, a semente está aí. As árbores durmidas espertan, pouco a pouco. Parecían mortas e secas pero non... é coma un miragre, sí. E en Galiza as flores veñen en galego, claro que sí... e quen diga que non é que non ten oído para os idiomas. Seguramente pensarán que non falan, as árbores, as frores, os pétalos, os campos, os ríos, as fontes, a terra... Haiche moito iluso.
E mentres, quen sí que queira escoitar que escoite, que escoite a nova primaveira chegar, que é unha sinfonía ben bonita.
Bico a proba de xeada do 10 maio!!
o texto semelloume confuso, agora despois de ler alguns comentarios parece que intuio de que vai a cousa pero aínda así non o teño de todo claro.
¿poderías explicarmo un pouquichiño mais?
biquiños,
Rosman os meteorólogos que, outra vez, volven borrascas para tinxir de auga e vento a primavera recén estrenadiña. Non vos alporicedes, que xa chegará a calma que mingue tanta tempestade.
Mentras tanto dade parte ó seguro de fogar das desfeitas en tellados e antenas, que para iso o pagades (ou sodes moros@s?). E no caso de que se inhiban da responsabilidade, xa sabedes que hai que facer: ou mudar o axente ou trocar de compañía (aseguradora).
A flor deste post morreu, víctima dun gato negro que a rabuñou sen piedade. Non o fixo por mal; él so quería xogar. Pero voltarán outras para cubrir a súa ausencia, por mais decretos, digoooo gatos negros que veñan a rabuñalas.
E agora que todos, laicos e creíntes, imos aproveitar unha semaniña laboralmente estreita; reflexionade un pouco no moito que comedes (falo por min), que logo ven o verán e despois na praia non lucen nada as lorzas (falo por vos).
Chego tarde a este post. Gustoume a relación. Por moito temporal que veña, non han acabar coa nosa lingua, péselle a quen lle pese.
Que linda fotografía.
Lindas tambien otras que miro en el blog. Sós una persona muy sensible Chousa. Pena que no entienda ni jota de portugues. Un beso. Morgana
Aunque no he tenido respuesta, vengo a pedir un favor. Podría usar esta fotografía para una composición que estoy preparando en la escuela en la que trabajo?. No se como se hasen estas cosas, pido perdón si ofendo por ello. Gracias. Morgana
Puedes utilizar la fotografía, Morgana, siempre que no le saques un beneficio económico. Gracias por tu amabilidad.
Te diré además que el idioma utilizado en el blog es el gallego, lengua propia de Galicia y hermana del portugués con quien comparte la raíz latina y una cercanía geográfica que te han llevado a tu confusión.
Un saludo
Esta primavera xa quedou inmortalizada nesta delicada imaxe.
O galego será inmortal se o seguimos falando...
Publicar un comentario