mércores, 10 de marzo de 2010

Voar

Unha das teimas do ser humano foi, dende sempre, emular as accións dos animais. Aprendemos deles certas artes de caza, camuflaxe, defensa, supervivencia e incluso elegancia.
Grazas á nosa intelixencia, que nos proporciona unha posición dominante sobre o resto das especies ( e aquí falo moi xenericamente, xa que hai a quen lle da varias voltas calquera alacrán, rata ou mandril), incluso chegamos a domalos. Así podemos achegarnos a máis datos sobre os seus comportamentos e pautas de actuación, coa fin de extraer conclusións que nos reporten facetas para aprender; ou lograr desa doma uns obxectivos aproveitables no noso beneficio directo.
Iniciada por Ícaro, unha das habilidades sin duda máis perseguida foi acadar a capacidade de voar.
Aínda que hai veces, que -sabendo facelo- é moito mellor quedar pousado. Ou non?

Foto: Cabárceno (a 500 km de Antas de Ulla). Voando en círculos

33 comentarios:

galmar dixo...

eu, o outro día, vin nun dos programas de redes, co título de biomimetismo, ou algo así, xa non lembro, que os novos trens de non sei que país, deseñáronse por diante como co pico do martiño peixeiro (tiven que procurar o nome no dicionario:) e que só por iso aumentara a velocidade e a estabilidade do tren, é curioso o que podemos aprender! un biquiño!

Raposo dixo...

Que llo digan a Icaro, senon! Tentou chegar o sol polo día e mira o que pasou. Si aínda fora de noite, o burranzán!!!

matrioska_verde dixo...

olvidóuseme: unha foto estupenda.

matrioska_verde dixo...

pois tés razón coa coincidencia temática.
¿e teremos telepatía?

si puidera ser un animal, sempre digo que escolleira ser un águia imperial, mira ti que cousa, é que me parece un animal moi maxestuoso e fiel coa sua parella, son monógamas.

de todos modos e deixando a teima miña de ser águia, como mais me gusta volar é con a imaxinación.

biquiños e que voes ven alto esta noite.

Carlos Sousa dixo...

Un tropezo cando estás abaixo aínda é levadeiro, pero cando estás arriba... vaia hostiazo!! Non, máis vale ter os pés no chan.

Dilaida dixo...

É bo voar, pero coa imaxinación. Aínda que ás veces, nun despiste te chamusques como lle pasou a Ícaro Eu trato sempre de seguir os consellos de Dédalo, nin muy alto, nin moi baixo, pero non sempre funciona, xa se sabe...
Bicos

Merce dixo...

O ser humano e tan osado, que non só se atreveu a domar animais, tamen o intentou coa natureza (indomable ela, por suposto, o que pasa e que hai quen non o ten nada claro)e para mais inri tentou e tenta domar a sua propia especie, desgraciadamente en moitos casos o consegue...

Quizais por aquelo de voar un inhala esa liberdade que nada mais se sinte dende o ceo.

:)

Biquiños

fonsilleda dixo...

Se cadra, como un novo Ícaro, habería que seguir intentándoo sempre.
Pero eu non creo que o noso afán sexa o de aprender simplemente deles, máis ben dáme a impresión que é un simple e maligno desexo de dominar.
Fermosa imaxe cetrería?
Bicos.

Paz Zeltia dixo...

vexo que vas moi o "práctico" neste post, mirando no que lle quitamos proveito ós animais: copiando as ventaxas que son útiles para nós, ou domésticandoos, e moitas veces esclavizándoos directamente no noso beneficio.
e iso que estás falando de voar! co mundo de fantasía que evoca xa a propia palabra! haberá cousa que envexemos máis?,
e tí pensas que é mellor "quedar pousado"?,
(non será porque o pousadoiro é a moza da foto?) ...

¡homes!

mariajesusparadela dixo...

Élle precioso voar, señor Chousa. Eu fíxeno non hay moito en parapente e da una sensación de liberdade fora do común. Sobretodo cando se aprende a usar a cabeciña; a guiar cara a pedra para ascender e a descender amodiño e onde un quere.
A voar os paxaros aprenden antes ca nós...

galmar dixo...

Maila que pense que non es un ignorante, en algunhas cousas todos temos que recoñecer que o somos un pouco, ou un moito:) pero algo bo ten: así podemos descubrir as cousas:) un biquiño! E grazas pola visita:)

Marisa dixo...

Podemos voar de moitas
maneiras pero na que se
corre menor risco e
facelo coa imaxinación e internet,podemos visitar
tódalas marabillas do universo.
O que pasa é que despois iso
sábeche a pouco e quérelo saborear voando en avión.

Bicos

Ginebra dixo...

Desde luego volar es una de las capacidades que más han llamado la atención a los humanos, aunque yo creo que se puede volar sin alas... También estoy de acuerdo en éso que dices sobre que hay alacranes, ratas o mandriles que denotan más inteligencia que algunos humanos.
Ahora, Chousa, me vas a permitir una observación. ¿qué enfocabas exactamente cuando tomaste esta foto??? :)))
Bicos

Markesa Merteuil dixo...

Si, a présa sempre estivo sobrevalorada. :D

susana moo dixo...

Saltar, confórmome con saltar. A cachachou enriba dun animal moi ben domesticado.

susana dixo...

Si, creo que hai veces, é moito mellor quedar pousado!
besos

A do outro lado da xanela dixo...

Para que voar ás veces, cando aínda non aprendemos a pousar os pés no chan?

Bico

pitima dixo...

Eu podo voar. Algúns din que non, que iso só é caer con estilo... jajaja, envidiosos... jajaja
Lémbraste desta??:

http://pitima.blogspot.com/2008/07/puedo-volar.html

Bicos dende as alturas. Ás veces repouso tamén... sí.

CriS dixo...

Hace poco tiempo salté al abismo pensando si mis malheridas alas soportarían mi peso. Me dolió mucho, fue un complicado vuelo, pero ahora estoy al otro lado del abismo, mis alas se han fortalecido y el próximo vuelo será por placer no por necesidad...

Bueno, yo me entiendo, je je. Que estas aves como la de la foto, me apasionan, me fascinan, me hipnotizan.... genial foto

y anda que donde fuimos a ondear el "Chousa" no? je je

Bicofletes en vuelo!

Chousa da Alcandra dixo...

galicia maravillas: Pois que o bauticen como o "tren peixeiro"!

Raposo: E que se vai de noite seica tiña que levar un candil.

Aldabra: Pois, ademáis de telepatía, temos gustos coincidentes.Aguilucho quero ser tamén.

Dilaida: Fai falla un nivelador para a imaxinación tamén ;-)

Merce: Si, pero tamén grazas á osadía logramos moitas cousiñas interesantes...

Fonsilleda: Unha exhibición de aves rapaces fantástica. Recoméndoa.

Zeltia: E logo non era obivo?.Mulleres! :-)

mariajesusparadela: E darímame a min clases de parapente?. Gustaríame moito voar así.

Marisa:As ás da miña imaxinación son potentes. Se o saben contrátanme os de Iberia!

Ginebra: Dende logo o paxaro saliume desenfocado...Non crees que me delata? ;-)

Markesa Merteuil: As sobrevaloracións son sempre malas. Incluso para os mercados...

susana moo: E despois de tanto brinco...ficar queda e voar; non si?

Susana: Pousado estase ben, sabendo que cando queiras reinicias o voo...jajaja

A do outro lado da xanela: Tamén se pode "amerizar" en troques de tocar a terra...

Pitima: E que os que temos estilo...xamáis esbaramos: deslizámonos! :-)

Cris: As bandeiras colócanse onde mellor se ven...jaja

A nena do paraugas dixo...

Claro que voar, pódese voar de moitas maneiras e sen necesidade de ás.

Sempre me pareceu que pretender emular aos animais era un erro, posto que cadaquén ten o seu lugar no mundo e moito me temo que, as persoas, querendo abranguer tamén aquilo que non nos corresponde, acabamos por non facer ao dereito nin o que nos se supón que tiñamos que facer de forma innata.
De todas formas, é moi útil saber nadar e poder sobrevoar con axuda de aparellos o mundo no que vivimos. Danos outra visión da natureza.

Butter dixo...

Bueno, es interesante que el hombre sea superior en cierta manera a los animales, y sin embargo envidie cosas innatas en estos últimos, ¿no crees?

Al menos es lo que pienso yo...

En fin, un abrazo.

Proida dixo...

Pois a min indígname que todos queirades botar a voar, así, sen pensar en que escureceredes o mundo e asombrarédesnos ós de abaixo.
Plegade esas ás, ho! e correde, que aínda se vos han atrofiar as pernas!! jajajaja!

A.C. dixo...

Voar gústanos, nadar tamen.
Pero curiosamente Chousa enfocou mellor a moza que o paxaro. Que pensades do asunto?
Saudos

Sintagma in Blue dixo...

Voemos...

Maribel-bel dixo...

Lembro esa estampa de Cabárceno, sorprendeume moito na demostración viñan dende a montaña, dende moi lonxe a pescar na charquiña. Era un voar elegante, maxestuoso. Biquiños

xenevra dixo...

Quizais o paxaro estea desenfocado e o nome do autor debuxe curvas definidas, pero como bviar ese ceo que inunda todo e esas as que son salvoconduto de calquera infotunio??
Non penso baixar, nunca, da miña nube para pisar trozos de cristal

(preme para oílos ;))

Anónimo dixo...

Avergóñome de dicilo, pero eu son dos que non voaría. Cada vez me gusta menos voar en avión, así que de despregar ás ou voar en parapente mellor non falar.

irene dixo...

Qué bonita foto. A mi me encantaría volar, como a las aves, para pensar en un lugar y desplazarme rápidamente a él, sin maletas, sin billetes, sin aeropuestos que retrasan sus vuelos, que pierden tu equipaje...
Ahora, al venir aquí, me encantaría estar en tierras gallegas.
Biquiños, Chousa.

Bolboreteira dixo...

Pois...moitas veces mellor quedar no chan, voar coa imaxinaciósn sae máis rentable, é moito menos arriscado.
Fermosa foto!
Un bico!

la cocina de frabisa dixo...

Chulísima la foto, me encanta!

Realmente tiene un punto eso de volar, pero yo solo lo hago en aviones, todo lo demás son deportes de riesgo para mi edad :)

un bico

Kim Basinguer dixo...

Yo ya vuelo cuando leo tus cosas, siempre encuetras las palabras precisas y la ironia perfecta.

Chousa da Alcandra dixo...

A nena do paraugas: E para ese tipo de voos non fai falla pagar taxas de aena; á que non? ;-)

Butterflieswithoutwings: Calquera che quita a razón con ese nome que te ghastas!. Benvida pola Chousa.

Proida: Haiche quen menea tanto -e tan ben- as pernas, que é con elas coas que voa...

A.C.: Eu penso que a Chousa gústanlle moito os paxaros; pero moito máis...as mozas!

Sintagma in Blue: Expresas o convite con tanta firmeza, que eu...xa estou voando.

Maribel-bel: Do melloriño do parque, sin duda algunha. As aves, e tamén as adestradoras!

Xenevra: Pois non baixes. Asegúroche que non estarás soa nas alturas...

Kaplan: Alédame oirte dicir iso. Non podemos estar todos no ar: compren controladores para as aterraxes!!!

Irene: Por aquí falan dunha compañía de baixo custe, pero de alta concentración: chámase Imaxinación.

Bolboreteira: Eu coido que esa "aeroliña" traballa nos "aeroportos" de Antas e de Chantada. Non si?

Frabisa: No risco está parte da esencia. Os avións son moi metálicos e fan moito ruido...
(Ti farías mellor a foto. Seguro)

Kim Basinguer: Pois esperamos vela máis a miudo nesta nave!.

---

As xeadas destas mañanciñas enfrían o nariz dos madrugadores; pero as raiolas posteriores animan os espíritus. Seica volve borrasca para iniciar a primaveira estacional. Non gardedes os abrigos aínda, que é cedo.