sábado, 13 de febreiro de 2010

Xanelas

Chámame poderosamente a atención o pouco orixinais que son, en xeneral, os americanos bautizando os seus inventos.
Vistos, no idioma de Shakespeare, os nomes que lles poñen ós seus produtos mesmo semellan cousas de moitísimo nivel e metodicamente pensadas durante longas tronadas de doctos e ilustres cerebros. Pero cando as espimos da grafía anglosaxona para adornalas coas ricas roupas da nosa lingua, non deixan de parecer simples trivialidades pensadas por integrantes das aulas de infantil de calquera colexio do mundo.
Xa me diredes se non resulta curioso que, no caso de ser galego Bill Gates, puxera á súa marca estrela o nome de Xanelas. Claro que apelidándose "Portas" o realmente estraño é que non inscribise a súa empresa como Telladosoft.

Foto: Proposta de logotipo para Windows. En Frádegas (Antas de Ulla)

36 comentarios:

paideleo dixo...

Os norteamericanos teñen unha habilidade inmensa para acurtar e simplificar ao máximo todo. Eu sei que vegetables son veggies, segundos son secs e quilómetros son " ks " ( pronunciado queis ).
E non lles vai mal con ese sistema !.

Carlosm dixo...

Hahaha, o "Ventanas7" ten que ser uma virgueria.
A min o que me escaralha son nomes comerciais como os cueiros "Drai naits" que se vendan no noso mercado sen mudarlles o nome.

A foto e ben fermosa. Bil Puertas podía mercarcha.

Carlosm

paideleo dixo...

Graciñas polo do libro pero xa o teño e xa o lin. Quería o libro para agasallar.

Anónimo dixo...

Tem raçom pai de leo, os americanos para simplificar som a óstia... Nom se lhs vai mal mas eu creio que se deve a quem som o país do Taylorismo, do Fordismo... do trabalho em cadeia e da divissom do mesmo. Esso implica a máxima simplificaçom, com as suas vantajas e inconvenientes.

Um saúdo

A do outro lado da xanela dixo...

E que non sei que teñen as "xanelas", que semellan ser máxicas ás veces :)

Bico!

Marisa dixo...

O nome de xanela
e ben agarimosa
e tamén de moito
nivel,¿ ou non ?.
A que puxeche ten
o seu encanto.

Unha aperta grande.

susana moo dixo...

O que sempre me pareceu rarísimo é que lle chamara a esa empresa de tanto rebumbio "micro-brando", cando ben sabido é que vende mais o "maxi-longo".

CriS dixo...

Ja ja muy bueno...
Bueno... lo que no da de sí... no lo da... y siempre nos topamos con lo mismo... ains... escasez tienen algunos de muchas cosas por mas dinero que tengan...

Bicfles a través de la foto.. genial... esa foto...

mariajesusparadela dixo...

Pois non che me parece un mal nome. Non hai máis que ver a túa, para entender que xanela é, ademais dunha ollada á fermosura, unha ollada ao mundo. ¿de verdade non che parece perfecto?.
E, sí, tamén lle podería ter posto Portas, e tiña sentido.
Claro que o de tellado, ainda que é acolledor...pódenos cair por riba da cabeza (¿non era ise o medo do xefe de Astérix?)

fonsilleda dixo...

Hai que ver nas cousas que pensas, as que se che ocorren e as que nos contas.
Pero, tes razón.
O de telladosoft, xenial.
E, ¿Prisco non é San Francisco?, se non me lembro mal.
Bicos.

Fermosa a tua/nosa xaneliña.

HADEX dixo...

Eu dende que aprendín a manexar o software libre paso das xanelas de Gates.....De tódolos xeitos debería pensar o teu logo porque é realmente fermoso.


Bicossss

Deambulando con Artabria dixo...

Se o último Windows estrenouse en Asturias, pode pasar calquera cousa con Galicia.....ti mandalle a idea, non vaia ser.....

Chousa da Alcandra dixo...

Xa que non fixen un post adicado ó Entroido nin ó día do Cupido, e aínda que xa sabedes que na Chousa -sempre que se pode- tento dos típicos e dos tópicos; como a cortesía non reñe coa valentía, veño enmendarme a plana neste autocomentario.
Desexarvos que disfrutedes do Entroido en cada ámbito e recuncho que amosa. Eu disfrazareime de tipo listo e sumamente intelixente. Seguro que ninguén me recoñece. No disfrute carnavaleiro que non se omita a parte gastronómica, que ten moita relevancia.
Tamén desexar ledicia e felicidade a todos os Valentíns e Valentinas do mundo mundial. Que disfruten con frenesí este día e os outros 364 tamén; que senón queda o ano moi soso.

Tamén lle pido disculas a Bill Gates por meterme co seu apelido.

Veña, agora a "correr o carnaval", que se di por estas terras!

Chousa da Alcandra dixo...

Esqueceume incluir que a foto que adorna marabillosamente esta entrada, ven sendo un chiscar o ollo a todas as xanelas que me visitan. Todo un pracer!

irene dixo...

Muy ocurrente Chousa, si te lee Bill "Xanelas", ¡qué bonito suena!, igual te toma la palabra y cambia su marca de Xanelas por Tellado. Mi "bicho" tiene 7 ventanas, no creas que me gusta demasiado tantas vistas.
La que sí es preciosa es tu foto, voy a agrandarla ahora mismo.
Biquiños, Chousa.

irene dixo...

Ya está, maravillosa ventana reversible.
Más biquiños.

A nena do paraugas dixo...

Unha xanela, con barrotes anticacos... pero con todo un mundo por explorar aí fóra. O das Portas, xa é outra cousa. Adoitan ser opacas e non deixan ver nada.

En fin, que desde a xanela da foto se pode ver moito se se quere. Se se quere ver. Non creo que o tal Gates (Portas) soubese moi ben o que hai despois desta xanela, pero igual lle teño que agradecer que a través dela me puidese permitir ver boa xente coma ti. Supoño. No fondo son desconfiada.
Bicos con orellas, tripón, binchas e caretas. Viva o Entroido! E as xanelas!

Anónimo dixo...

Totalmente de acordo contigo Chousa!... e por riba nun arrebato de estar sempre a moda e ser o máis fashion adoptámos estas verbas estranxeiras como se facendo uso delas elevásemos a nosa categoría intelectual obviando así a riqueza que temos ¡que noxo! E agora en canto atinxe a parte "informática" da túa entrada aproveito para facerlle contra-campaña o Sr. das xanelas e rompo unha lanza a favor do software libre no que o de menos son os nomes pois o que realmente cobra importancia é a filosofía coa que traballan e na que creen, invítovos a adentrarvos por esta outra porta onde a entrada e totalmente libre pingüiníl!

Bolboreteira dixo...

Así de simples son, pero o caso e que non lles vai mal de todos. Non sei porque será.
Biquiños

Anónimo dixo...

Tendo en conta que foron quen de meter o brando (soft) no que está duro (hard), on é de estrañar que Mr Cancelas faga todo o demais. saúdos

vintxuca dixo...

Pois si simplifican os americanos e non digamos cando se ponhen a escribir de modo informal "u r welcome" díxome un inglés falante o outro día para darme as grazas e o "you" e o "are" onde caralho van????
Coincido con moitos de vos no tema de que o "xanelas" é un completo conhazo e que cada vez vai a peor, porque o do windows vista xa non ten perdón de deus!
Unha aperta e por certo...preciosa foto Chousa, grazas por compartila...moi ben escolhida, que o San Valentín ademáis de recurrente e deprimente é un tema ben cansino.

Paz Zeltia dixo...

jajaja, mira tí a onde che foi dar a cabeza!

pois agora que o dis,
a min windows paréceme un nome caralludo
(moito máis bonito en galego, vamos sin punto de comparación).
pero creo que ten o seu punto,
porque unha vez feito parece moi sinxelo,
pero se cadra é mais imaxinativo do que semella...
agora parece moi doado chamarlle a esta xaneliña cara o mundo enteiro, "xanelas",
pero cando windows se implantou non era o conto como é agora...

bueno, tí igual xa notaches que eu sempre atopo outra maneira de mirar,
buscándolle outro point of view!
por exemplo,
na xanela que pós tí na foto (preciosa, por certo)
tanto poderiamos nós estar dentro mirando cara a fora,
como estar fora mirando cara a dentro...

:-)

Carlos Sousa dixo...

Se o nome é orixinal e todo. As xeneracións vindeiras dirán que que as xanelas en inglés, chamanse Windows, polo programa do Gates ese (por certo, que moita xente odia pero todos usan)

Maribel-bel dixo...

A min dos americanos non me gusta nin o inglés. Pero é verdade que como donos do mundo deixan pegadas para un montón de artículos. Nos culpables por utilizalas. Biquiños

Anónimo dixo...

Traducir de un idioma a otro siempre provoca esas cosas. Los matices se pierden y la fuerza de las palabras varía sustancialmente.
Estoy segura de que al autor del blog y a sus lectores no se les escapa que hay marcas que acaban por superar el verdadero significado de la palabra inicial.

Magnífica fotografía, como otras que he estado ojeando en este blog.

Pido perdón por no escribir en gallego, pero me resulta más cómodo el castellano, aunque sea gallega. Espero que no le moleste al autor, que se muestra tan comprometido con la lengua gallega.
Un saludo
Gloria

Filoxera dixo...

Boa conclusão!
Beijos.

Ginebra dixo...

Desde luego que "vas directo a la yugular", jejejejejeje. Bueno, los americanos, ya sabes, todo lo hacen "a lo grande" y adornan las cosas más simples como si fuesen inventos imprescindibles para la humanidad, aunque sean cosas más propias de las aulas de infantil como dices.
Me gustó el juego de palabras y también el paisaje que se ve desde esa ventana de piedra (de granito) en la que el musgo ha hecho su casa.
Besos de buenos días.

Anónimo dixo...

Que nivelazo Chousa, que ata che ven comentar Gloria Lago!.
Es que me estás teniendo un nivelazo que ya ves oyes. Cualquiera día de estos nos dejas de hablar y todo. Estoy que me muero de la envexa.

(A foto sei exactamente onde é. Xa me ten prendido a min do ollo tamen, pero como nunca me acordo de levar a cámara...)
Bicos

A.C.

Chousa da Alcandra dixo...

Non sempre vou á "yugular", Ginebra. Hai ocasións nas que apunto cara outros lados...jajaja

E non penso que fose Gloria Lake a comentarista anónima, AC. Hai demasiada galegada por aquí para que se veña "luxar" ela.

Animádevos co Entroido, que lle queda pouquiño. Enterrade ben as sardiñas e todo o que sexa susceptible de enterrar...
Lembrade que ata o ano que ven non volve ser carnaval e a Coaresma é longa e chea de renuncias.
Apertas garimosiñas.

matrioska_verde dixo...

pero mira que es ocurrente, ó mellor tes feito algún invento por hai e non nolo contaches.

biquiños,

pitima dixo...

Aisss, chego tarde...

Xanela ten un significado precioso, tanto en inglés como en castelán, como en galego. A min paréceme un nome moi axeitado e acertado. E de sonoridad, quédome co galego. Nótese que no inglés, a palabra comeza con Win, que significa gañar, así que algo de forza ten que ter.. nunha sociedade no que gañar moito é tan importante.

Xan e ela, pode ser o título dun fermoso conto de amor, poético... ou erótico. Por iso o mellor soa tan ben.. jaja

Que digo eu que postos a traducir os nomes... Ufssss..
Dende as penas rodantes, pasando polos escaravellos, ou Miguel Eidovello??, en castelán Campoviejo... moito máis bonito en galego eh!
E qué me dis dos limpadores, deterxentes, o poder do rosa... xa sabes: oxiaction multi.smsans´vlnsá-bhz... Imposibles de dicir. Menos mal que xa nos poñen o tarro ben rosiña para poder diferencialo nas estanterías do súper..

Foto ben bonita..

Disfruta do entroido.
Bico disfrazado, ¡de intelixente! jajaja, (pensabas que o ía poñer de lascivo eh!! jajaja)

Chousa da Alcandra dixo...

Estiven pensando como serán os bicos disfrazados de intelixentes e...teñen boa pinta!

Merce dixo...

A verdade e que vendo esa xanela, e vendo as do Bill Gates, gustame mais a tua.

E si, o noso entroido e toda unha luxuria gastronomica que non ten desperdicio ningun, uuuuuufff :)

E mira que vos fixandes!!! o pobriño levaba a petrina aberta pero eu non me apañaba moi ben para pecharlla co PS e, dabame algo de vergoña, asi que decidin mirar para outro lado jajajajaja

Biquiños :)

Anónimo dixo...

Por non falar de certos nomes artísticos, que catro risas temos botado, ho.... ;))

Apertas

xenevra dixo...

Gosto das xanelas. Son eses mundos abertos de par en par ante os nosos ollos. Ás veces teñen portas, ás veces son só xanelas.
Non gusto das güindous. Sóame moi raro, non son miñas.
Hai estadounidenses que pensan que o mundo é seu e que non hai máis güindous que as súas fiestras, que as nosas ventás. Tamén cren que a choiva só pode caer dun único xeito :(

Eva G. Rei dixo...

Esta reflexión "lingüística" tráeme á cabeza a fermosura do noso idioma e os xogos que somos quen de facer por posuirmos unha lingua de noso. Senón fíxate que "bonito" é o nome do presidente da Xunta en galego, Alberte Feixóo, e que raro soa en castelán: Alberto Habichuela. E se o pasamos ao inghlés, xa é a repanocha:
Albert Bean (terá parecido algún parecido máis con Mister Bean?)