xoves, 28 de febreiro de 2019

Enclaustrados

Esvaran e patinan os nosos cerebriños nas abundantes pozas pseudoinformativas das canles cuspidoras de datos. Uns datos que, en boa medida, non valen para nada; pero que visten de cores rechamantes e adoban coa entonación da relevancia.
A mellor maneira de nos desinformar é afogarnos con gavelas e gavelas de información que nin pedimos, nin sabemos para que nos serve.
Por iso cómpre aprender a mirar/escoitar as cousas co filtro da intelixencia e procesalas coa manivela das propias necesidades. Así continuaremos coa aprendizaxe e teremos tempo para nos enclaustrar na contemplación dos encaixes que en cada momento máis nos motiven...

Foto: Claustro de encaixes. Auria.

3 comentarios:

Alís dixo...


O malo é que cada vez enseñan menos a pensar e nos distraen máis con pamplinas que para nada nos sirven, pero déixannos sen tempo para siquera intentalo.

Qué podo dicirche que non che dixera xa? Só repetir que me gosta moito leste, e contarche que cada vez que publicas os teus textos pasan a ser o encaixe que máis me motiva...

Bicossss

Raposo dixo...

O ambiente, a tranquilidade e mesmo a soidade dos claustros encaixan ben para o tempo de reflexión que todos necesitamos, abofé que si.
Apertas reflexivas.

Ginebra dixo...

Me ha encantado tu reflexión, Chousa, estoy totalmente de acuerdo contigo. El pensamiento crítico es básico y debería cultivarse desde muy pequeños: en la familia y en la educación.
Ante la desinformación, el ruido, el exceso informativo (que es otra forma de desinformación) hay que estar atentos. Ante los mensajes solapados, maquillados de valores populistas, en fin... hay que poner todos los sentidos y "enclaustrarnos" sólo cuando se pasea por sitios como los de tu fotografía.