mércores, 29 de agosto de 2018

Carro

Rei da palleira, emperador da aira, marqués do agro, tren da corredoira, señor eterno do porte. Podador natural da silveira, escusa da roda, razón do ladrairo, encaixe da chavella, eixe da elegancia.
Elemento de prestancia, agocho da troitoira, príncipe da moda, magnate do transporte, coronel da chaira, exemplo de maneira, esvelto e lizgairo...
 Capitán xeneral do outeiro, pretexto do fueiro; en todo momento do agricultor, compañeiro.

Foto: Carro
(Xubilado campando no Museo de Melide)

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Vese que vostede sabe rezar.

EliMaldonado dixo...

Qué forma más elegante de relatar...

paideleo dixo...

Como ben rematas o carro foi compañeiro da nosa xente ata hai ben pouco.
Prestoume esta gabanza túa. Coma sempre.

Marisa dixo...

Un estupendo homenaxe
para este compañeiro do agro.

Un gran abrazo desde as Rías Baixas.

Unha gran aperta

Alís dixo...


Segues a ter poesía na mirada, e nos palabras. Non sea cómo deixei pasar tanto tempo sin vir por aquí.

Pódome subir ó carro?

Bicoss

Raposo dixo...

E o cabezallo. Que me dis do cabezallo??

Voz en off dixo...

Marabilloso texto!