Son moi pillabáns os que cortan en inglés. Despois de nos munguir no Nadal, queren seguilo facendo tamén neste mes.
Embuten trolas na televisión; con anuncios reiterados noutros medios de comunicación.
Chaman por ti para ofrecerche unha cousa moi rebaixadiña; e con esa ladaíña -aos catro ventos lanzada-, fan unha feira que se troca nunha trapallada.
Non teñen o que din e non lles importa un carallo o que me interesa a min. Soamente pensan que coa moita feira van encher a súa faltriqueira.
Non lles fagas caso e merca onde precises o que realmente necesites; pero se vas algún día e percibes que xogan á trileiría, non quedes sen voz; cando menos, quéixateme!
Foto: Queixo cun 25% de rebaixa.
14 comentarios:
Queixar queixarase o pobre queixo, ti que ben te queres! Jeje!
Está moi boa a alusión inglesa.
Vese que fuches de rebaixas e tiveches que pedir o libro de reclamacións.
Así se fai. Hai que protestar. A lo menos non dicir que chove!
(está moi ben o texto de chirigota retranqueira)
Mágoa que estea eu rebaixado de queixo. Vaia pintaza que ten !.
Con ese ritmo que vai caendo tan ben...non así o que cae nas nosas espaldas, máis aguantamos o que nos boten.
biquiños chousa.
Teño doce de marmelo (feito na casa, por suposto).
Facemos un intercambio?
Digo, para que as queixas vaia acompañadas
o queixo, con ese pan, ese viño...non che está para moita queixa :)
-Maruxinha -
Coido que deche no cravo Chousa, con esta pilla crítica e por suposto autocrítica (á indiosincrasia galaica) imaxino, porque realmente é deste xeito como adoitamos queixarnos @s galegog@s, e así nos vai!. Só o noso bandullo parece ter unha meguiña de dignidade. Como xa lembrou Zeltia aquí chove... e que lle has facer!. Máis con queixos coma os da Ulloa calquera non se queixa. Quero un 10% (unha lasquiña) dese queixo ou do contrario presentareivos unha demanda.
A onde che envío la lasquiña de queixo, "Nonhaiqueixa"?
A demanda era dun lote surtidiño se pode ser, porque dese... Mándamos no Castromil se che cadra e senón xa tratamos na feira de Monterroso. Mui agradecido!.
Outra vez por aquí Chousa.
Iso é so queren vender
ainda que sexa malo
e encher a faltriqueira.
O queixo sí que está
de bo ver.
Bicos
Demasiada mentira na publicidá!
odio o cortinglés... paréceme que todo é un escenario, que entrar alí non é a vida real... en realidade odio tódalas grandes superficies.
son pequena, síntome pequena e gústanme as cousas pequeñas... pero de miras moi altas.
biquiños
por certo, ¿lle queda un cachiño de queixo?
Aquel acabouse, Matrioska_verde; pero hai máis de onde saiu o da foto...
Publicar un comentario