martes, 13 de decembro de 2016

Muíño

Presumimos porque somos muíño, e canchapernamos sobre fluídos en constante algarabía.
Gozamos esmagando mentras dicimos que contribuimos con iso á economía.
Gabámonos de pétreos xerifaltes consagrados nunha beiriña;
 para, sen ofertorios nin consagracións, convertir o trigo en fariña.
E -maquía tras maquía- non nos decatamos  de que, de tanto moer, morremos un pouquiño cada día.
 
Foto: Muiños do Folón. Decadencia e chulería

1 comentario:

Anónimo dixo...

Certo, sempre gustamos muito de moer, máis hoxendía grazas a eses muiños de mao que todo kiske leva.. logo non facemos outra cousa!. Son máis as ansias de moer ,calquer grao vale, que de procurar unha boa fariña. Máis pra algo está a billa e o tempero!.
Sabedoría do pobo;

Muiño que estás moendo
o trigo con tanto afán,
ti estás moendo a fariña
e outro come o pan.