mércores, 29 de xullo de 2015

Anaquiño

Non hai literato, arquitecto, pintor ou ilusionista capaz de artellar palabra, construción, cadro ou maxia que equipare á que nos brinda a natureza.
Átona ou acentuada, horizontal e vertical, cromática ou gris, sorprendente e sempre magnífica acompáñanos nesta estadía para agasallarnos sempre que queiramos admirala. De balde; unicamente temos o encargo de protexela.
Tanta marabilla non pode ser gozada na súa totalidade polo ser humano; por iso hai que desfrutala en pequenas doses.

Foto: Cabo do Mundo (anaquiño)

12 comentarios:

Anónimo dixo...

Sr. Chousa, que ledicia poder gozar das súa palabras!! Botábase en falta, créame.
As mellores esencias gárdanse en frasquiños pequenos. Esta que vostede nos ofrece é unha marabilla da natureza para admirar, protexer, compartir e desfrutar. Si, unha pequena dose dun gran pracer!!
Bicos de balde.

Raposo dixo...

Temos sorte en Galicia de poder desfrutar destas paisaxes ben fermosas. E está ben desfrutales en pequenas doses, de vagar, saboreándoas, poñendo nelas os cinco sentidos.
Apertas, Sr. Chousa.

Ginebra dixo...

¡Qué razón tienes, Chousa!. El espectáculo por excelencia resulta que es gratis y sólo tenemos el deber de protegerla, pero no lo hacemos. Los humanos no valoramos y somos destructores por naturaleza... Sólo una educación en valores puede salvar el Planeta de alguna forma...
Me ha recordado esa imagen al Parque Natural de Monfragüe, un tramo del curso del Tajo.
Besos y que sigas disfrutando del paraíso, como hago yo cada día que subo al monte y veo minúsculos los pueblos y grandiosas las montañas y los bosques.

paideleo dixo...

E pensar que hai xente capaz de destruir estes paraísos.
Mui bo texto.

mariola dixo...

Que fermosura!
A natureza sempre sorprende!
Deléitase un coas túas verbas saboreando ao mesmo tempo este anquiño
de verdes e azuis.
un biquiño chousa.

Merce dixo...

Pois si... disfrutala en pequenas doses e o que non están obligando a facer con tanto incendio...

Imos a peor, con toda a fermosura da nosa terra e que os "ordenantes" ainda non se dan conta...

Un bicazo!!! bueno non... un anaquiño de bicazo, así en pequenas doses tamen :)

peke dixo...

Somos moi afortunados, aínda que os de fóra crean que non nos decatamos.

mariajesusparadela dixo...

Omalo é que hai quen non da entendido e mételle lume.

Anónimo dixo...

Estou dacordo con Merce, con tantas desfeitas que se producen na nosa Terra (incendios, unha salvaxe eucaliptización do territorio, abandono do patrimonio cultural....) coa complicidade e desleixo desta incompetente administración (e anosa impasividade), de non pararlles os pes non quedará outro remedio que desfrutala a anaquiños. Ben deitamos que hai quen sabe engalanar todo de tal xeito que fai do anaquiño o meirandiño. Un afectuoso saúdo. Qué tanto bico... biquiños... anacos de bico...! inda che han amolecer a face oh! carafio!!. Desculpas... os celos...

Pedras dixo...

Aplauso, señor chousa!!!
Bicos estivais:-)

Alís dixo...


E nin ese encargo cumprimos!!

Beleza, sabiduría, paz, forza... Cómo compensar tan grande regalo?
Grazas por lembrárnolo

Bicosss

Paz Zeltia dixo...

"unicamente temos o encargo de protexela." De iso no entendemos moito, e non fai falla culpar a gobernos e administracións, hai moita xente que "protexer o medio" é algo que "os demais" teñen que facer.

A zona da foto é ben fermosa, estiven por alí pasando uns días, xa haberá 5 anos e quedoume gana de volver.