luns, 27 de outubro de 2014

Botas

Chegou sen que me decatase. Non sei onde podía ter eu os ollos postos para non vela apearse do vehículo que a transportaba.
Cando mirei xa estaba tecendo puntos de cruz nunha caixiña de costura tan pequena como a agulla que empregaba.
 Debíalle gustar o que tecía,
 pois cada tres ou catro puntos que daba,
 luminosa e abertamente sorría,
á vez que con graza unha perna abaneaba.
E marchei aparvado, sen saber que miniaturiña urdía;  se veu en coche, motorizada, ou  talvez gallopando polo empedrado, naquelas botas azuis montada.

Foto: Bicicleta rosa aparcada.

8 comentarios:

Cuspedepita dixo...

Pois non sei en que viría, pero case xuraría que na bicicleta non :-))

Bonito color de botas :-)

Apertas.

Ginebra dixo...

Con esas botas de taconazo no podría venir galopando, se engancharían en los estribos.
No sé donde tendrías los ojos, pero sí imagino cómo te hubiese gustado verla apearse del vehículo en cuestión, jajajajajajaja.
A eso le llamo yo unas botas estridentes:) difícilmente pasan desapercibidas
Besos

mariajesusparadela dixo...

Preciosas botas. Pero non para montar a cabalo.

paideleo dixo...

Nunha cidade hai demasiadas cousas para mirar e puido pasar desapercibida tranquilamente pero aí tés a túa cámara para gardar para sempre a imaxe do pelo rubio, as botas azuis e a bici rosa.
E sigo dicindo que arriscas facendo fotos.

mariola dixo...

Gústame deixar esa porta aberta á imaxinación, é tan poderosa!
As botas azuis, a bicicleta rosa e un sorriso iluminado...
biquiños chousa.

Raposo dixo...

Viría na bicicleta, oh!

Paz Zeltia dixo...

Quizá veu na bicicleta rosa!

os momomentos e cousiñas que nos enriquecen e tamén nos fan sorrir ou escribir un post...

Uol Free dixo...

Non está cosendo, está a facer un conxuro. E non veu na bici senón nunha vasoira, por suposto. As botas son o cebo. Ai, Chousa...