luns, 1 de setembro de 2014

Tellado

Nunca saberemos quen desfruta máis; se o vento acariñando as follas, ou as follas sentíndose acariñadas. Por non saber non sabemos se é o vento o que percibe aloumiños, e por cada folliña é agarimado.
Descoñecemos o que é ser auga nin sabemos o que goza unha tella mollada. Se é mellor agardar que cheguen as choivas e notar as cales até os sucos mergulladas; ou precipitarse en vertical para esmorecer gozando nun tobogán de ondiñas calcetado.
Nunca saberemos se é máis gozoso ser vento, folla, pingueira ou tellado.

Foto: Tobogán de ondiñas.

9 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

esta vez ofrécesnos un texto que ten ata rima, rico en aloumiños e caricias. Moi certo que non sabemos que sinten tellas, follas, vento. Nin tan sequera o que sente alguén á beira nosa. Tan só, supñer, imaxinar...
Viva a imaxinación. (a min gústame moito sentir as pingueiras a caer)

Ginebra dixo...

Quizá no lo sabemos a ciencia cierta, pero podemos intuir que la hoja se conmueve con la caricia del viento y éste a su vez es feliz de regalársela. Que la tierra acoge con alegría la lluvia (he dicho la tierra mejor que la baldosa, queda más poético) y que la lluvia se siente dichosa de ser tan esperada...
Sea como fuere, decir que es una preciosa reflexión. Hablando de lluvia, ¡ojalá empezara a llover a mares!.
Besos

Uol Free dixo...

Jo, Chousa, consegues emocionarme ata as bágoas. Poesía pura.

Polo demais, debe ser gozoso todo iso: ser vento e folla, e pinga e tella. Todiño todo.

Bicos setembriños.

A.C. dixo...

Fasme pensar con canto dis. Nunca me parei a pensar se sería o vento o acariñado. Ou se a pingueira o pasa ben correndo polas tellas abaixo ou se son as tellas as que gozan coa agua entre elas.
E que digo da foto? Preciosa.Pero ten tino e non te andes subindo os tellados que e moi peligroso.

Anxos dixo...

Que palabras tan axeitadas para desorientar outonos!
Biquiños, Chousa.

Raposo dixo...

Eu tampouco o sei pero a min esto paréceme filosofía poética.

Anónimo dixo...

Eu o que sei,Sr.Chousa, é que cada vez que paso por aquí quedo vibrando coma un xunquiño.
Bicos poéticos

mariajesusparadela dixo...

Es un grandísimo poeta, Chousa.
Supoño que como lle pasa á xente: nin todas as follas son iguais, nin todos os ventos acariñan e se sinten acariñados da mesma maneira.
Pero, ¿qué sabe qué?

Chousa da Alcandra dixo...

Facédeme caso: nada fago eu. Todo está aí: as tellas inclinadas, o ar, as pingueiras de auga e mailo vento tentando mesturarse coas follas (ou viceversa!)

:-)