Empoleiradas en altas torres ou incrustadas en elevadas espadanas de fina e adornada cantería, as campás buscaban achegar os seus sons aos máis alonxados da contorna para que ninguén poidera non darse por avisado das horas litúrxicas.
E así chegaron ata os tempos do whatsapp, no que seguen campando con elegancia e gallardía.
Para animalas e sacarlles novos bríos, moitas veces me teño preguntado -escoitando como laian anunciando defuntos- se non poderíamos facelas repenicar xubilosas cando no lugar nace unha criatura.
Foto: Campá de Freixo (A Fonsagrada), lista para anunciar un parto.
9 comentarios:
A idea é boa aínda que, tendo en conta a elevada media de idade das nosas aldeas e o baixo índice de natalidade, o campaneiro ía ter pouco traballo.
Eu pensaba que ademáis de avisar para a misa,
tocaban a morto
tocaban a vodas
e ata a bautizos!
por suposto a incendios e asolagamentos!
Ás veces, na miña teima por condensar tanto as ideas, explícome tan mal que xa logo nin eu me entendo ó cabo dunhas horas.
Tedes razón os dous, Raposo e Zeltia.
A idea é que cando nace unha neniña ou un neniño (matizando tamén no toque se é unha ou un), as campás repeniquen tanto ou máis tempo como o fan cando toca a defunto. E varias veces no día.
Así, cando ese repenicar soase, todo o mundo se preguntaría: "e a quen lle nacería?"
Se nunha aldea non se sabe quen está preñada... malo!!!
(A idea é boa, que tanto toque a defunto afonda na melancolía)
Bicos de badalo!
Na miña aldea as campás tocaban a releixo de distinta maneira se había finada ou finado.
E si..., falta fai algo de ledicia nos nosos campanarios.
Coma sempre un gran pracer, Sr.Chousa.
Bicos campanudos.
Me parece una buena idea. Nacer es tan importante como morir, al fin y al cabo los actos más importantes que puede hacer un hombre (y una mujer, se presupone).
Curiosas cosas que se le pasan por la mente, señor Chousa...
Besos
Coincido con Raposo en que pouco repenicarían, que poucos nenos nacen xa e menos nas aldeas. Casi nin van quedando tampouco defuntos.
Pero tamén coincido contigo en que si as convertemos en símbolo de boas novas o seu son había de ser máis desexado.
Bicoss
Pois que repeniquen a festa, que boa falta fai.
Ti, que sabes de música, pon as parituras de neno, nena, dosu nenos, duas nenas, trillizos e quintillizos. Que agora, coas asistencias veñen moitos xuntos, ainda que pocas veces.
Pois eu digo que non que así coaccionan aos pais a bautizar o neno.
No meu caso non me gustaría.
Publicar un comentario