Nun entorno dominado polo verde, que ten por bandeira un inmenso branco atravesado de rotundidade azul; hai que ter moita confianza no talo para campar así de garbosa nun medio tan cromaticamente hostil.
Agora dise personalidade; pero antes, cando ao fertilizante lle chamabamos esterco, diríamos: aí a tés, con dous pares! (de pétalos).
Por iso costa entender como con dúas pernas tan ben postas, acovarda desta maneira a algunhas (persoas) ter que volver á cotidianidade dun mundo cromaticamente afín
Foto: Directora xeral. Chulería na Ribeira.
20 comentarios:
Eu nunca vou de vermello ou cores demasiado vivos a traballar.... Seica estimula a agresividade dos usuarios... Salvo que o tape debidamente co branco da bata... :P
Pois xa vés que a papoula non lles ten medo aos usuarios. Claro que as cepas de mencía non teñen pinta de ser moi agresivas tampouco...
É que, ás veces, non é tan afín como se pensa,Chousa.
Por iso mesmo, Chousa, porque hai que ter un par, ou moita personalidade como se di agora.
A min dame moita envexa (¿sana?) esa flor.
Bicoss
Deches no cravo, Uol!. A cuestión radica en saber onde están as afinidades. Aínda que se vistan con outras cores...
A min tamén me dá desa envexa que ti te preguntas, Alís. (Seguro que non é sana, pero...; que máis ten?)
Bueno, non sei por quen o dis... non imaxino a quen representa a papoula. Pero sen metáforas no medio, a foto é moi evocadora.
Non o digo por ninguén Zeltia. Así, de paso, dígoo por todos
;-)
https://www.youtube.com/watch?v=NHLsZMgCO_w&list=UUFlO6tx0IA7_eIm-qoBNNEQ
Cimadevila: apunta aí. Five points para o mestre Sandoval. Two points para os intérpres e...a ghillotina para o técnico de iluminación!
quen sabe se as cepas de mencía coa súa graduación etílica tiveron algo que ver na arroutada cromática da mapoula!
Por certo, que é ese enlace de Jorge Cimadevila, que a min non me aparece??
E logo está outro tipo de comentarista que en lugar de cun par prefire describir a singulariedade como rareza a criticar. Non obstante, xa está ben de tanto seguidismo. Hoxe en día non queda outra que despuntar.
Seguro que algo que ver tiveron, Raposo. (Viches agora o video?)
Despuntar apuntando ou apuntando para despuntar, Markesa?
Si, si, agora xa o vin, Chousa.
apertas
E que opinará a elegante e fráxil papoula deste debate desatado? :-)
Que bo enfoque, Chousa!
Bicos de abril e augas mil :-)
pareceume axeitado o que di polo final cromático deste post :) é balada triste do labrego interpretada polos parentes ;)
¡¡ Tempada de minisaias!!!!
Pois peor para quen se acovarda.
Máis sempre haberá algunha personalidade desas que ti ben dis, sorteando inclemencias ...
Gústame o da chulería na ribeira.
un biquiño chousa.
A chulería, con certa mesura, incluso pode quedar ben e todo, Mariola.
Tempo de marabillas, Dalicia!!!
O enfoque aínda me ten algo dolorido o lombo, Pedras.
(Bromeaba, Jorge. Ti ben sabes que eu solo estou serio na misa...)
Eu son ave nocturna e pouco podo relucir.
Xa, xa; ti pensas que de noite todos os mouchos son pardos, PaideLeo...jajaja
Publicar un comentario