sábado, 1 de febreiro de 2014

Satén

Baixa das alturas coa premura da necesidade. Acouga no leito do val debuxando un camiño de sonoridade. Facéndose grande aínda sendo cativa, deslízase con mestría, avanzando sensual e provocativa. Paseniña nas tostas, barulleira nas costas; hidroxenando as beiras, osixenando as ribeiras. Lambendo as herbas con vehemencia descarada, bicando as pedras con dulzura reiterada, facendo apoloxía de que vai mollada...
E, mentras pinta de verde o escenario que a contén; ela, acuosa, rizada e presumida, adobíase -lasciva- con encaixes de satén.

Foto: Encaixe de moléculas hidroxenadas.

13 comentarios:

Carlosm dixo...

Sorprende esa maneira de escomder tras da elegante prosa uma delicada poesia, moito bem acompanhada por moi acaida fotografia. E tudo sem nombra-la protagonista . Gostei. Saudos

Uol Free dixo...

Quedei sen palabras.
Unha delicia.

A.C. dixo...

Observo que o inverno resultache un estimulante desa vena poética que tan ben logras plasmar. Cada palabra que dis colle unha forza impresionante por esa tua maneira de colocala no lugar axeitado. A auga do Ulla xa che debia varios abrazos, pero agora tamen te vai querer LAMBER PARA HIDROXENARTE.
Bicos poeta!

mariajesusparadela dixo...

Mestría a túa.

Pedras dixo...

Atopas beleza ata no rigor do inverno!!!

Ginebra dixo...

¡Nunca me había parado a pensar que un salto de agua o garganta fuese tan sensual!
Está muy bien:)
Besos

Raposo dixo...

A beleza da fervenza atopa a debida correspondencia nesa prosa poética túa, tan ben artellada.

Esilleviana dixo...

Ella, como una cascada, tan sensual y voluptuosa como estas hermosas palabras. Me ha gustado esta lectura.

un saludo cordial

paideleo dixo...

A auga cai así e de mil maneiras máis este inverno.
Merece milpoemas ou mil insultos.

mariola dixo...

Que fermosura Chousa!!!
Barulleira na costas....
Lambendo as herbas con vehemencia descarada...
versos precisos, que se van mecendo nas nosas mentes e provocando un delicioso compás o recitalas.
A foto chousa, preciosa, esa auga que caendo fachendosa.
un biquiño fresco.

Alís dixo...

Véxote (léote) moi poético e sensual. Agrádame.

Bicoss

Paz Zeltia dixo...

precioso ese traxe de noiva...

Anónimo dixo...

Que hermosas palabras para unha foto genial!. Me ha gustado mucho