A présa coa que vivimos non nos deixa disfrutar,
gastando o presente cavilando
no que o futuro vai deparar.
Apurados como andamos non temos tempo para reflexionar
o duras que son as pedras, que nin poden chorar.
Correndo como imos non paramos a pensar
o alonxados que estan o picho e maila pía,
que somente se poden salpicar.
Foto: Verde salpicado.
13 comentarios:
Unha fonte moi animada!
:-)))
Estás feito un poeta, Chousa! A imaxe inspira...
Andamos apurados, andamos. E non vemos cousas que temos diante das narices.
Onde outros solamente verían unha pedra chea de musgo, ti ves mais aló. E ademais cóntalo así de ben.
E esa música? Agora fixécheste rokero?
Pero ti, con esta fermosa poesía
fasnos recapacitar
que o presente da vida
non o hai que desperdiciar.
Gústame a foto. A pía ben mullidiña.
E todo ben acompañado da música do mago de oz.
un bico cantareiro.
Hai que ir paseniño para gozar das cousas. Moitos pasarán ás présas a carón da pía e nin se fixarán nela. Pero uns poucos irán de vagar, decataranse da súa beleza, admirarán as súas formas e ata votarán un grolo de auga que seguramente estará fresquiña e deixaranse salpicar dela.
As pedras choran, Chousa. Mesmo nesta fonte pode ser polo alonxados que están o picho e a pía.
As présas vólvennos cegos; menos mal que te temos a ti, que te paras a ollar e nos fas parar.
sorprendeume esa achega musical folk metal!
(chousa, se a pia estivera pegada ao picho, ninguén podería coller auga. hai veces que é mellor conservar as distancias)
teño eu unha especial querencia polas fontes tradicionais nosas, estas de granito, e mesmo as que en agosto traen pouca auga e lle hai que poñer unha folla para que a auga deite por onde ten que deitar)
saúdos
e mentres salpique...
:)
O picho fai o que pode.
En Paradela hai unha pía así. Seguro que en Antas hai un picho.
As salpicaduras poden mollar moito, depende da intensidade e da frecuencia.
E as pedras sí poden chorar, quén di que non?
Bicoss
Moi ben!!! vexo que conseguiches facelo todo ;)
Al final resulta que nuestra vida está llena de consecuencias indirectas de nuestros propios actos. Buena reflexión.
un abrazo
Publicar un comentario