sábado, 8 de febreiro de 2014

Brazado

Na escola ensináronnos a discernir entre unidades de volume e de superficie. Non sen esforzo por parte da mestra, fomos capaces de comprender que era un desperdicio botar o viño nunha hectárea; ou que non tiña xeito medir en hectolitros o nabal do agro.
Sentadas aquelas bases, axiña aprendemos a calcular áreas de leiras imposibles e volumes de caldeiros inexistentes.
Pero tantas horas lectivas riscando coa tiza no encerado, non nos axudaron a saber calcular  cantos bicos caben nun cuartillo nin canta paixón se pode conter  nun brazado...

Foto: Recreo. Mutacións volumétricas en superficie axardiñada.

14 comentarios:

Alís dixo...

Como galego deberías saber que depende, son variables. Hai que ter en conta outros datos, como quén da os bicos e pon a paixón, temperatura ambiental e interior, ganas acumuladas,... e algún máis.
Non todo se aprende na escola, e menos mal; senón, qué nos quedaría para despois?

Bicoss

peke dixo...

Sempre fun mala coas medidas, pero... nunha presada poden caber ferrados de amor.

mariajesusparadela dixo...

Iso é porque non te aprenderon a medir en moreas.

mariola dixo...

Canta paixón se pode conter nun brazado....
A paixón non se pode medir,querido chousa.
Como decía a película de Toy Story:
"hasta el infinito y más allá"
bicos melosos.

Carlosm dixo...

Ese que abraza nom sei se sabe calcular areas e volumes, pero veselle moi aplicado na tafefa que ten entre mans, asim que voulhe dar uma boa nota.Se ti sabes quem é a abrazada havia que preguntarlhe a nota que ela lhe da, que seria a mais relevante.Saudos

Uol Free dixo...

Nunca se me deu ben calcular. Canta auga hai no mar? Canta area no deserto? Canto sal nunha presada?
Por sorte a paixón non se pode medir nin calcular, así que non hai erro posible. E os bicos... os bicos nunca sobran nin pesan.
Unha aperta!

Pedras dixo...

Haberá que modificar o Sistema Métrico Decimal?
Por outra parte, quen se encargaría de realizar a medición? Un perito observador? Os protagonistas estarían demasiado ocupados (ou apasionados, que é o que importa!)

Sempre tan auténtico, señor Chousa!

Paz Zeltia dixo...

aaaaai, que foto tan linda.
"agardándoos está un territorio
de amor e trigo"

Raposo dixo...

Iso vaise aprendendo co tempo,nesa outra escola que é a vida.

Ginebra dixo...

Jajajajaja, es verdad.. si es que en la escuela no nos preparan para lo básico de la vida, lo más importante, ¿no crees?.
Me pareció un post muy tierno y bonito:)
Besos

paideleo dixo...

As medidas teñen que estar en relación co corpo humano e está claro que o mozo está buscando o aparato de medir da moza.
Mil apertas !.

Concha L. F. dixo...

É que iso éche moi difícil de calcular, meu!

Dalicia dixo...

Hay cosas que es mejor que te las desaprenda la vida...

Esilleviana dixo...

De pequeña no me enseñaron ciencias aplicadas a la vida real y menos a los sentimientos y el amor.

un abrazo :)