Ser seica somos vivíparos; pero ultimamente reproducímonos de maneira tan esporádica que un xa pensa se esa querencia humana por estomballarse continuamente no sofá non terá algo que ver coa incubación...
E mentras no Seregueti continúa a loita encarnizada e asasina pola transmisión xenética; este menda, alleo ao mundo, sábese dominante unicamente porque manda no mando.
Foto: Último grito. Inclue tecla de reproducción.
11 comentarios:
E que nos sentimos tan importantes...
Pero este menda como ti dis non está alleo ao mundo, creo que domina as noticias sociais bastante ben.
un bico chousa.
pd- non creo que me guste esa tecla de reproducción.
E se mandas no mando... non te queixes.
Do mais cotidiano sacas punta.Fabricaras lápices?
Pois xa mandas moito!!
Ao dicir que nos reproducimos de maneira tan esporádica pensei que ías dicir que agora facémolo por esporas.
Bicoss
Pois seica é un bo triunfo mandar no manda, non si? ;)
Non nos queda outra que reproducirnos por esporas como di Alís.
O mando ten reproducción pero tamén ten rebobinar que é marcha atrás.
Teño un compañeiro que di que el tamén manda no mando, pero só cando non está a muller.
O que di o amigo do Raposo é unha trapallada. En realidade somente manda no mando cando non está a muller, a filla, o fillo, a sogra...e mailo carallo do fantasma que sempre o agocha nos lugares máis inverosímiles!
Sigamos reproducíndonos, por favor. Venlle ben ao país e a nos tamén!!!
Unha reflexión moi lóxica dunha tarde de inverno! ;-)
Tes un bo mando!! nos dous sentidos, jeje!!
estaseme endurecendo o cerebro, porque tardei un chisco en pillarlle o chiste ao da tecla de reproducción!
Moi ben argallado o conto, Chousa! :)
A cousa é mandar..., no que sexa! ;)
Publicar un comentario