domingo, 18 de agosto de 2013

Beira

Fun preguntar onde era o outro lado do río e dixéronme que era aquí; e cando aquí pregunto dinme que aló.
Coa de matices tan diferentes que hai entre unha beira e maila outra, non sei como carallo non se dan aclarado. De agora en diante xa non pregunto máis; e o outro lado do río será onde eu non estou. Axustade todos os GPS con esta anotación, por favor.

(Posteo patrocinado por L'Oreal)

Foto: Lugo visto deste lado.

8 comentarios:

Alís dixo...

Porque ti o vales, di que sí.

A min quedoume o sabor do inalcanzábel. Parece que non se pode estar nunca do outro lado e cóstame aceptar que algo é imposíbel. Haberá que atopar unha solución.

Bicoss dende este lado

A.C. dixo...

Teño medo ó avión, e tamen teño medo ó barco. Por eso quero saber o que se pode facer pra cruzar o "charco".
Dis que eso é Lugo, pois xa me dirás onde hai esa ponte tan bonita.
Bicos patrocinados por pintalabios de Yves Rocher jajajaja

Raposo dixo...

Xa me parecía a min que lle faltaban datos o Gps este do carallo.
Grazas pola información.

Anónimo dixo...

Ay, me hiciste reír. Recordé a un muñeco de los de Barrio Sésamo, intentando saber dónde estaba "allí" y dónde "aquí". Feliz de estar "allí", le decían, "no, no estás allí, estás aquí", y vuelta a empezar.

Si el otro lado es donde yo no estoy, ¿significa que de ahora en adelante, "otro" es el que no soy "yo"?. Y si eso es así, ¿dónde quedas "tú"?

Carlosm dixo...

Dedución en estado puro.E quem diga outra cousa minte.Ou cando menos falta a verdade.Tenho que visitar Lugo.Já nom o reconhezo.Saudos

Pedras dixo...

E a min que me gusta pararme no medio da ponte... Así podo ver as dúas beiras ao mesmo tempo! Serei egoísta?

Anónimo dixo...

Y tu cuando no estás en la canteira que haces?

Paz Zeltia dixo...

non estou para reflexionar a estas horas, pero fíxéchesme lembrar aquilo de que a herba sempre é máis verde no outro lado.