domingo, 16 de setembro de 2012

Arquitectura


Anos de entrenamento para o dominio do compás, lustros de aprendizaxes en cálculos de resistencias imposibles, vidas enteiras de planficación para deseñar harmoniosos entornos que non manquen a mirada. 
Todo ese esforzo grandioso para que despois chegue unha jabata con deportivas de goma e gafas de pasta, que supere tan doadamente anos de estudo do volume cunha pose que non oculta a súa esvelta arquitectura; simplemente pousando o seu cu morno na pedra dura.
Con tales distraccións a ver quen carallo atende ao estudo do urbanismo!

Foto: Agardando en A Guarda

13 comentarios:

A.C. dixo...

O sito e ben bonito pero ti fíxaste onde queres pillaban jejeje
Bicos

Anónimo dixo...

Caigo por aqui por casualidad y me encuentro una fotografía del magnífico paseo junto al puerto de La Guardia.
Es un pueblo muy hermoso que tuve ocasión de visitar el pasado verano haciendo una incursión desde Portugal.Se come de vicio, sus vistas son geniales desde el monte de Santa Tecla y me ha evocado gratos recuerdos de la Galicia que conocí. Me ha resultado muy placentero encontrar la fotografía. De arquitectura no entiendo nada.

Paz Zeltia dixo...

"jabata" (cachorriña de xabarín. tamén valiente), pero paréceme que non o dixeches en ningún deses sentidos...
hai que ver como sodes os de Antas...

por certo, lin no Cuspe que perderas o pasaporte blogueiro (...!?)

matrioska_verde dixo...

peréceme que ti és dos que te distraes co voo dunha "mosca", ¿non sí?

"o cu morno na pedra dura", aquí escóndese algo moi sexual, diría eu.

biquiños,

Carlosm dixo...

Eu tamben admiro a beleza da arquitectura fiminina sobre toda outra arte e composiçom.Olho atento o teu.Saudos.Carlosm

mariola dixo...

Pois segue mirando, que tamén desta arquitectura apréndese moito.
bicos.

paideleo dixo...

Hai que distinguir entre monumentos e arquitectura, é certo.
O bo do verán é que hai máis monumentos á vista.

Pedras de S. dixo...

Chamándolle ás cousas polo seu nome, nin máis nin menos!

Dilaida dixo...

A pedra dura e fría, supoño.
Bicos

Dalicia dixo...

Volta, revolta, reviravolta...
Déixolle a miña tarxeta. Feliz noncumpreanos ;) :*

Cuspedepita dixo...

Esta rapaza sentada na pedra lembroume unha avoíña que coñecín nos Ancares fai anos, a tía María, que sempre nos rifaba á miña compañeira de colexio e a min se nos via sentadas por ali en algunha pedra porque segundo un dito que ela coñecía "ni casada ni soltera, no te sientes en la piedra " jajajaja

Apertas.

Concha L. F. dixo...

Sempre co ollo posto onde máis che convén!

susana moo dixo...

Vexo, e me contenta, que teña vostede tan boa vista coa arquitectura.