domingo, 4 de marzo de 2012

Veleno

Non é o mesmo poñer día para sulfatar as patacas que para decretar a reforma do mercado laboral; pero como en toda decisión faise preciso un mínimo acto de reflexión previa. Analizar o bo estado da sulfatadora e as previsións de choiva resultan dous elementos moi a ter en conta á hora de atacar ó escarabello, pero tamén conviría dotarse dunha máscara que nos protexa cando estamos aplicando o veleno. Non vaia ser que o aire, moi traidor él, no lo meta polos fuciños e acabemos nós coa pata estarricada.
Tomade exemplo do lexislativo e mirade que ben aplican o sulfato das medidas laborais cara os escarabelliños que andamos sempre ó rego, sen risco algún de que tales toxicidades lles salpiquen siquera as empatenadas blindaxes dos seus privilexios.

Foto: Marchamo de calidade parlamentar

21 comentarios:

Eastriver dixo...

El agricultor hace su trabajo con cariño... Dudo mucho que esa sea la misma actitud de los gobernantes.

Dilaida dixo...

Pois case que ten vostede toda a razón. Eu que sei diso un pouco, teño unha máquina antiga, desas tipo mochila e vou pataqueira por pataqueira, co pitorriño metido ben na planta e zurrúcholle todo o que podo aos pobres escarabellos que non teñen onde meterse, e caen patas arriba sen remedio.
Pobriños! E eu que pensaba que que estaba moi lonxe do pepismo. Non copiarían da miña forma de obrar a reforma laboral?
Buf, que mala tarde vou pasar pensando niso.
Bicos

xenevra dixo...

O veleno actúa moi devagariño; tanto é así que, cando te decatas, xa non hai remedio. Só espero que lles faga sufrir tanto como aos pobres bechos.
(Creo que ando un pouco gherrilleira...) Bicos

Blogboreta dixo...

Cando un esparce veleno entre sementes limpas, claras e iñocentes.. viráselle de volta multiplicado por mil.

Bicos con antídoto. :*

paideleo dixo...

É mui fácil implantar leis que non incumben.
Mui boa esa caliveira de madeira.

Paz Zeltia dixo...

a calavera esa case está pedindo que a adopten:
non lle atopades un aire así como desprotexido?
e pola reflexión... non digo nada, coma sempre: moi atinado.

mfc dixo...

Quem dera que esses senhores fosem também... sulfatados!

mariajesusparadela dixo...

Home non...poñen a careta e non a quitan se non acaban con nós...

susana moo dixo...

Meu deus! Chousa, medo meten os ollos eses! Se xa estabamos tremendo, tiritando nos deixas.

Carlosm dixo...

Sulfatan por nos e temos que dicir que nos estan desinfestando. Já dirás de onde tiraches esa image.Saudos.Carlosm

Antón de Muros dixo...

Polo que vexo a amoralidade é global...
E os pobres escarabellos temos poucas defensas.

Apertas.

Anrón.

A nena do paraugas dixo...

O da careta vailles moi ben. Nin que fose Antroido todo ano. Claro que se amosasen a face tal cal a teñen, igual tiñan que deixar de sulfatar...

matrioska_verde dixo...

non teño nada que engadir... está todo dito e ben dito.

os airiños son traidores, só espero que veña unha boa rafagada de vento e lles dé en todo o morro (cotudo).

biquiños,

mariola dixo...

Desprotexidos quedamos os que como dis andamos sempre ó rego. Medidas, recortes que aplican sen contemplación. Como sempre. Hoxe mismo estiven nunha concentración polos recortes na sanidade.

Ten razón zeltia co da calavera. Eu encóntroa tamén un pouco desvalida, con eses olliños tan tenros...
Gústame a palabra escarabelliño, encóntroa moi sonora.
un bico.

o canto da lúa dixo...

Se tivese que sulfatar algo ,non sería aos pobres escarabellos senón aos que nos fan que nos arrastremos coma caracois coa casa ao lombo para gañarnos a vida, para ao final chucharnos o sangue como se fosen morcegos.
Un saúdo.

Sabela Arias dixo...

O malo é que os sulfatos políticos son para o que esa xente chama malas herbas... pero non estou eu tan segura.
Por iso prefiro os cultivos, digo os políticos, e as políticas ecolóxico/as!

Marisa dixo...

Chousa cada vez
admírote máis,
esas fotos que non sei
onde as atopas,
esa forma de dicir,
que a pesares de ternos
a todos abraiados
a máquina recortadora,
ti sabes poñerlle ese
humor intelixente que nos
saca o sorriso.

Grazas e un bico

Maribel-bel dixo...

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos,nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno porque estamos tocando fondo, estamos tocando fondo.Gabriel Celaya. Un saúdo, sen salpicar.

Chousa da Alcandra dixo...

Moito me gustan os vosos piropos. Procuro non crelos todos; pero, aínda así, resultan moi tonificantes para o meu ego. Así que non vos privedes!
Ah, e tede coidado co sulfato que ven da sulfatadora lexislativa. A súa toxicidade vai en aumento e non ten pinta de cesar de inmediato.
Continuamos a bingo.

Harmonía dixo...

Ante o teu consello, iremos correndo mercar un "antídoto" que nos protexa!

Carlosm dixo...

Pois non vejas ti como sulfatan a este lado do Minho. Já levamos uma tempada cos chuvasqueiros [nom malos entenderes, please] permanentemente calçados.
Diras-me en cal lugar sacaches a foto.Pareceme conhecida do cobertizo de San Lourenzo sim?.Saudos.Carlosm