luns, 1 de agosto de 2011

Zoco

Un fato de descoñecidos séntase ultimamente á nosa mesa sin que mediase convite nin presentación; pero xa parece que son da familia.
A "prima de riesgo" e mailos "mercados" son os máis habituais, pero tamén pululan as "axencias de rating", a "deuda soberana" e mailos "axustes". Remexen por debaixo da mesa botando as gadoupas para chimpar un rebuxo de pan ou desestabilizarnos a xerra do viño.
Con este panorama na cociña, considero prioritario abrigar os miolos para protexer a intelixencia; así que nada mellor que empezar polo primeiro: levar os pés ben calzados.

Foto: Zoco Pétreo.

21 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

...eu vexo un pé moi lindo, pero ao post non lle atopo nin pés nin cabeza

:D

será a hora, xa un pouco tardeiro para ter que madrugar mañá... (así como vou ver amencer!)

mariajesusparadela dixo...

Nunca poderíamos dicir que é empezar a casa polo tellado.

matrioska_verde dixo...

pois mentras eses invitados estén con vosoutros, non contes conmigo.

biquiños,

J Cima D Vila dixo...

Está a cousa chunga.. Din hoxe que sobe o paro xuvenil o 46%

Carlosm dixo...

Eu con esa genta tan estranha nin xanto nin ceno. E de momento podo amanhar apagando a caixa parva e ponhendo do reves o jornal. O ZP semelha incómodo pero con el calçado non hai quen te poida patear.Saudos.Carlosm

Anónimo dixo...

Es muy indigesto comer con esa "gente" Chousa. Yo creo que, además de abrigar nuestros miolos, lo que hay que hacer es ponerles a ellos ese zoco en los suyos. Saluditos del madrillego.

Magdalena Malungo dixo...

A min gustaríame sentar á mesa aos nen@s de Somalia... O mundo ao revés!!

Trasno dixo...

Moi didáctico e ilustrativo. Canto mais aprendo mais me decato do meu pouco saber. Asi e todo ese RIESGO ten unha prima que esta en todos os saraos jiji

Anónimo dixo...

Eu suxeriría, ademais, levar un casco na cabeza e un cadeado no peto, por se acaso.

mariola dixo...

Non poderíamos darlles con ese zoco nos miolos? Ás veces é un bo sistema para facerlles un "reset".

Gústame o pé da foto, refresca os ollos e transporta. Unha foto ben chula.
Un bico limpiño.

Carmen D. dixo...

Chousa: hoy he visto en el periódico de ayer (siempre me toca leerlo con retraso) una fotografía de un lector; iba firmada por "Chousa". No sé, supuse que sí es tuya...

Biquiños!!


Carmen.

A do outro lado da xanela dixo...

Ler ese tipo de palabrotas antes das 8.30 da mañá é como pra joderme o café e o resto do día.

Perdóocho por seres ti, pero... joe, avisa!!!!

matrioska_verde dixo...

ó mellor é que ando un pouco "empanadiña" pero non entendín o teu comentario no meu blog... falas dun anónimo, dun chinés... serías quén de explicarmo? e que teño curiosidades, non sei si me perdín algo.

biquiños,

Paz Zeltia dixo...

Eu tamén vin a fotografía que menciona CD
unha fotografía preciosa co monte louro de fondo...
2ª petición: un post coa fotografía seleccionada pola Voz de Galicia!

oiches, cumples anos o mesmo día que >La Pantoja!, es lo que teneis las folklóricas!

Marisa dixo...

Esa rocha da foto
mellor de zoco
que de sombreiro.

Que pases un bos días de praia.

Bicos e apertas.

Concha L. F. dixo...

Si, levar os pés ben calzados e aseguralos ben ao chan, para que eses convidados que mencionas non acaben por facernos perder o equilibrio precario no que se moven estes tempos nos que o vocabulario habitual está cheo de palabros que soamente falan de desastres!

Chousa da Alcandra dixo...

Pozí; vai ser que a foto publicada en La Coz do domingo pasado é miña.
Presenteina -xunto con algunha outra- ao concurso "Foto do verán 2011" que organiza o diario coruñés.
Agradezo moi sinceramente a algunhas persoas con boa man para a fotografía o feito de que non se presenten a ese mesmo concurso, para darme unha oportunidade. As amizades vense nas ocasións! jajaja.
Para o resto do persoal que queira competir, o enlace é este:
http://www.lavozdegalicia.es/promociones/foto-verano-2011/?idioma=galego

(Hai que copiar e pegar, que hoxe non me rulan os linkados).

Dilaida dixo...

No sei que me pasou que non vin esta entrada ata agora.
Vaia con tanta xente baixo a mesa non me estraña que tomes a medida para uns bos zocos, non esquezas soltar unha zocada de cando en vez, ao mellor algún deses invitados cánsase e vaise.
Bicos

pitima dixo...

A ver se a miro a foto esa...
A foto do post encántame... o texto... dáme unha pereza que nin diola... E son as vacances, que me poñen así de vaga....

Bicos descalzos.

Cuspedepita dixo...

Eu que sei !...Case mellor calzaría unhas botas de goma por aquelo de que aillan do chan en caso de tormenta, que está o ceo moi mouro!

Chuchos

Pedras de S. dixo...

Cun zoco pétero, mellor protección imposible! (e boa falta nos vai facer para protexennos dos vaivéns da "prima de riesgo" e demais parentes mercantís...)

Unha imaxe fantástica, señor Chousa!!!!