Hai quen alardea de ter seis, pero cos cinco ben afinados xa podemos licuar ledicias. Pode haber preferencias para definir liderazgos; pero non resulta doado -sin botalo á pesca pillota- a elección de cal prescindir.
Un gusto tocar delicadísimos encaixes admirados en golosa visualización previa, que van provocando latexos nun bambeo excitante que se poboa de pinceladas arrecendosas, tan lúbricas como lascivas. Un equipo que pedalea en equilibrada comandita na procura da satisfacción total, do cumio elevado, do éxtase sublime...
Si, ten eivas; pero son mínimas: a ver a quen carallo lle importa non saber a que ulen as nubes!
Foto: Ulindo o mar. Azul e salgado
21 comentarios:
Sensitiva image. Sentida evocación e complicada posición para lograr a captura hahaha. Saudos. Carlosm
Teremos que darche o premio pola recuperacion de palabras e ditos. Xa facia ben tempo que non escoitaba o de "botalo a pescapillota".
E por moito que vos pese, a mulleres temos 6 jejeje
Seis non é nada. (o sentido común non vai nos seis, nin falla que fai, que é mais importante o sentido do ridículo)
Pois a ti non che importará a qué ulen as nubes, pero haichas que ulen a auga, outras a seca, outras a granxa (son as piores). A min gústanme as que ulen a primavera.
Como te pillen os de Zumosol vante fichar para que lles enseñes a "licuar ledicias" con tanto sentido que lle pós.
Pues a mi me da lo mismo, mientras no sean nubes bajas de esas negras o de colorines y de polución o tóxicas. Con que sigan ahí arriba y cumplan su función, ya está.
Biquiños...
P.D.: a miña língua materna non é o galego, aínda que a da miña nai sí; ó final penso que falo nunha especie de lingua "ensaladilla rusa"; como dicía un dos meus alumnos "¡eche o que hai, profe!"
Carmen
(C.D., Carina)
Hai demasiadas cousas sin sentido pola biosfera Carlosm; así que tentei concentrar, sin botalo á pesca pillota, A.C., os sentidiños todos nesta foto; resaltando a capacidade para ulir; pero tan razón María Jesús Paradela no senso de que non tiven en conta o sentido do ridículo cando me aniquei para a captura. A praia aparece deserta, pero o paseo estaba ateigado, así que os primos de Zumosol, Trasno, o que podían era levarme para o psiquiátrico... Confío en que a cúpula celeste se manteña no seu sitio C.D. sexan cales sexan as nubes que se penduran dela. E non te preocupes pola "ensaladilla rusa" que podes facer: a lingua galega é moi amorosiña e comprensiva cando é usada con boas intencións. Benvida á Chousa.
Hummm...parece um relógio solar!!!
Um grande abraço.
Pois eu non sei como me vou arreglar... seica non teño sentidiño ningún...
Hai que centrarse... para evitar a sobredose... e así retrasar o clímax... Non é?
Claro que si rematamos as vacacións e aínda andamos centrados se cadra formamos espiral e nos colamos polo sumidoiro..... alí no centro...
Boeno... Deixemos de xirar que nos mareamos.
Xastamos! Ti dálle o botón para que saia a auga e déixate de escoller o chorro que a salitre pica na pel e no nariz, arde nos ollos, durme a boca e quén sabe qué poderá facer se a deixas actuar nos ouvidos.....
Non queremos curtirnos tan pronto....
As nubes non ulen... como a auga pura son inodoras e insípidas, además de inconsistentes (así que nada de anxeliños a saltar entre elas). Só choven ás veces, e fan bonito, ou feo... se se empeñan en tapar o sol en demasía. Digo.
Un bico sentido.
Pasouseme o detalle de observar o fotografo tentando ulir as nubes, ou o poste metálico da ducha.Xa vexo que as veces facer fotos tamen e un traballiño esforzado. jeje
O sol neste verán de xullo parece non querer marcar moito, mfc.
Seica non andas de pe Zeltia?; pois logo xa tés sentido do equilibrio.
En verdade, este comentario teu Pitima debería ser o post das nubes. Está tan ben captada como excelentemente plasmada a mensaxe. Chapeau! (E bicos consentidos :-))
Pois hai que fixarse, Trasno, que un ten que engrarsar as xuntas óseas para lograr as imaxes.
Cos cinco sentidos e alerta sempre, pra non perderse NADA! (as nubes xa as captamos cos ollos e coa pel cando chove...)
Hoxe as túas palabras son delicias
de mar.
Biquiños dende as Rías Baixas.
Ah, ah, ah!
Riível de facto.
:-)
Beijos.
eu sei a que ulen as nubes pero como a ti non te importa un carallo sabelo, non cho conto.
biquiños olor nube.
O máis curioso é que disque si te eivan dun...os demáis agudízanse, eu prefiro mantelos en harmonía.
Fermoso escrito.
Beijos sensoriais.
Xeniais palabras.
Con respecto a historia que comentas no meu blog, escoiteina varias veces con algunha variacion, falando coas compañeiras de traballo unha comentaba que unha señora púxolle ó inseminador unha banqueta por se non chegaba, e noutro caso acompañabao unha rapaciña de practicas e a señora dixo escandalizada: Pero como vai facelo ela, se é unha muller! :)
Un saudo! Sígote
Yo no podría prescindir de ninguno de los sentidos para disfrutar del mar. Verlo, tocarlo, escucharlo, incluso saborearlo y porsupuesto olerlo.
Canto sentido do olfato che vexo ;)
Atentiños sempre os sentidos, Magadalena, para vivir as intensidades vitais todiñas
Magnífico nome para degustación gastronómica o que apuntas, Marisa.
Beijinhos veñen, beijinhos veñen e van...,Filoxera
Un "carallo" sempre ten o seu valor, Aldabra; así que xa que o sabes...dimo!; a que ulen?
En harmoniosa cohabitación teñamos os cinco, seis ou máis que cada quen teña, So*.
Houbo un tempo no que os/as veterinari@s viñan tendo as "familias" máis numerosas de Galicia! jajaja. Benvida á Chousa, Iria
Sempre tiven bos "vientos", Jorge. Disque son moi necesarios :-)
E non sei eu se será plan o de saborealo, Anónimo, por máis que ás veces dean ganas de darlle un bocado...
---
E neste mes xuliano continuamos con alusións marítimas. Queda clariño que non é necesario matizar moito que este canteiriño do interior, sempre queda ampliamente fascinado pola fermosura de bordes que amosan as pedras de auga.
A min impórtame a que ulen as nubes, a qué ule o mar, a qué ule a area quentiña do sol...
bicos azuis e salgados.
Publicar un comentario