Moito tempo se gasta na procura do que non se da atopado; e outras veces, así como quen non quere a cousa, aparece sin que supoña esforzo de localización.
Non hai nada peor que sexan as premuras as que nos meten présa, xa que neses casos hai moitas posibilidades de non dar pez con bola.
Sin defender a pasividade absoluta, decántome por deixar claro que en moitas ocasións convén mergullarse na paciencia para que sexa o pez o que da na bola.
Foto: Con cebo natural.
30 comentarios:
Canta razón tes, pero a paciencia, ás veces, esgótase antes de que o pez atope a bóla. E ao mellor non damos pé con bóla porque non estamos no lugar axeitado e o pez non ve a bóla.
Bicos
Sou pescador e entendo-te muito bem!
Home, se é algo merluza (ou a leva), da na bola (ou nas), pero se é normal, cunha ollada é suficiente, ¿non sí?
É vox populi: as présas non son boas.
A vida debería semellarse máis á cerimonia do té xaponesa: con calma, sen présas, pasiño a pasiño...
Bicos!
Este cebo non require
da pacencia do que aganta na cana.
Poida que esté na procura
de mellor peixe.
Bicos neste verán
de néboas e orballo.
Parece que volveu, e esperemos que con renovadas forzas. Eu, pola miña parte, estou cun pé no pescante e a rentes de coller as vacacións.
Tamén preciso renovar forzas e horizontes. Saúde
Si só fora cuestión de paciencia....
Nada mellor que a paciencia e deixarse levar, todo sucede sen máis...
Bonita foto. Qué envexa dese mar e ese ceo azul! andar na procura do sol e chapotear no mar...
e que andamos tan escasiños este ano de verán...
Benvido de novo.
Un bico grande.
Com paciencia e unha canha...ata se pode pescar un bo peixe. Saudos.Carlosm
Escolleches unha mui boa imaxe para ilustrar a idea da mai da ciencia, esa virtude da que tanto nos esquecemos nos tempos que CORREN.
:-)
La paciencia se recarga en vacaciones...
Besicos
Es la madre de toda ciencia!
besitos
A paciencia a nai da ciencia...iso din e parece moi acertado.Sen paciencia apenas nada se consegue. Pero o ser humanos está pouco programado para tela.
biquiños!
Hai non sei Chousa, tanta paciencia, tanta paciencia! as veces hai que deixar a caña e chimpar ao mar para cazar ao peixe a dentelladas.
Rediós.
Susana Moo: E lojo,onde pensas ti que vai o pescador,dono desa caña? ;-). Rediós, que pouca confiansa!
Bolboreteira: En todo somos susceptibles de reprogramación. Busquemos unha paciencia proactiva, na liña do dito no recomentario anterior.
Aniña: E con esa filiación, armando a rede por baixo, non hai peixe que se escape!
Belén: E ben que compre recargala!
Trasno: O que non corre xa ata voa; pero incluso as gaivotas voan amodiño ás veces.
Carlosm: E logo seica non te lembras que os peixes (e peixas) tamén se poden pillar á man?
Mariola: Canto menos verán, máis desexado e mellor aproveitadas as raioliñas; á que si?
Magdalena Malungo: Muller...por algo se empeza. Ou non?
Kaplan: Imos ver se as forzas se renovaron o suficiente. E que un sempre quere máis...
Marisa: A néboa e mailo orballo poden ser bos aliados do pescador.
A do outro lado da Xanela: Aprender das cerimonias da calma sempre aporta recursos moi aplicables en diferentes eidos; á que si?
María Jesús Paradela: Tamén pode ser que, sin resultar merluza, vaia coas luces (da intelixencia) apagadas...
MFC: De pescador a pescador, sobran as palabras. ;-)
Dilaida: A paciencia levaranos a saber buscar o sitio ata porlle a bola diante do nariz ó peixe.
Nunca lle atopei chiste a pescar....pero creo que se debe á miña falta de paciencia :P. Hai un encargo esperando por vostede.
bicos de salitre
Paciencia teño que ter con estes dias llibres que collín e chove!!! así nin plaia nin campo.
Moitos animos para retomar o traballo, non che vaia a ver unha depresión post vacacional... vendo esa praia...
Fina e delicada a separacion entre paciencia e vagancia haha. Bonita foto. Me gustaría saber adonde corresponde esa apatecible praia.
A de R
Cando eu veraneaba nesa preciosa praia tiña paciencia infinita.... ou máis ben tíñana conmigho. Voute descubrir pola caña! ;-D
Gustoume moito iso da "paciencia proactiva" é ideal para alguén que está no medio do inverno (non dixen inferno) ;-)
Por certo, ¿onde está a praia da foto?
Apertas.
Antón.
Conxurada: Menos chiste lle atopan os peixes :-)
-Disfrutado o encargo. Obrigadísimo pola sutileza gramatical-
Zeltia: Pero ti andas sempre de "días libres", carallo. Vai ser o teu patrón o que manda chover para que te aburras.
Madalena M: Son xente de paciencia por aqueles lares, si. Da gusto estar entre eles.
Antón de Muros: As túas sospeitas son certas, Antón. A foto está tomada na praia de Louro. Sóache? :-)
Claro que a coñezo ;-)
Apertas.
Antón.
Non podería estar máis dacordo, un momentiño de refelxión aforra moito tempo de arrepentimento.
¡Ay, Chousiña, pero que ben escribes, ó!
[non como mín que seguro que cometo moitos erros]
a paciencia e a nai de moitas cousas, pero faise de rogar e as veces nos da esquinazo.
pero coincido plenamente contigo no que dís.
non cambio nin unha coma.
biquiños,
E eu que veño da web de Susana... deume por pensar... ¿e logo que andara a facer coas mans ese pescador que non pode agardar...
Sí sí... mergullado no mar vai pescar él... ¡¡andará coa c´mara ou o tomavistas!! jaja ¡seguro!
Bico asalmonado
Pero se pica algo non cae todo??. Non entendo das artes de pesca, pero esta rudimentaria paréceme que non funcionará.Xa me contarás se con esa variña chega a consumirse peixe á noite. Bicos dende a praia de Coira
Pois...con paciencia algún día dará na bola o peixe si ou si, non lle queda outra.
Sen paciencia non hai nadiña e con paciencia pouco máis se atopa...bueno con tal de non pescar unha bolsa ou unha lata enroñada...
Saúdos e boa pesca, a noitiña sempre pica o pancho non?
Antón de Muros: E ben familiar que che resultará...
A Cruz da Campá: Reflexión e paciencia collidas da man, poden achegar a quen as manexe o poder da decisión atinada.
Aldabra: errare humanum est. Eu quero trabucarme para poder correxir tamén...
Pitima: Mira ti en que cousas pensas -xastamos!- mentras eu falo de pescar...jajaja
Maribel-bel: Pouco importa que caia o tinglado se a pescada morde o anzo. En todo caso foiche un alarde dun pescador preguiceiro.
Balbi Lopez: Certo que pode vir lixo enganchado; pero non lanzando o cebo, nin siquera o pancho salta para o prato.
Benvida á Chousa.
---
La paciencia es la madre de todas las ciencias; saber esperar el momento adecuado es todo un ejemplo de sabiduría. Lo que tenga que llegará ya lo hará:)
Bicos
Si, Ginebra; pero agora solo falta por saber cantas cañas hai que ter para acadar a conditio de sabio :-)
Publicar un comentario