Operación saída. Ímonos todos. Fuximos. Marchamos. Rachamos coa monotonía na procura da retención. Aparcamos a pucha da indignación para calarnos o pucho da indiferencia. Durante unhas xornadas esquecémonos de Grecia, que xa non fai gracia, e collemos o coche que nos ausente de rescates, salvamentos e inxeccións de liquidez.
Por un par de semanas imos esquecernos do que hai que lembrar, folgar despois de non facer nada. E todo elo fora do fogar. Que cousas!
Foto: Collendo o coche
25 comentarios:
Folgar doce folgar!!!! Teño unhas gañas!!!!! :)
Biquiños folgantes.
Aproveitade ho!
Quen puidera! ;-)
Unha aperta dende o inverno.
Antón.
Hai moitos anos que decidín que para min FOLGAR era outra cousa e grazas a iso libereime das operacións saída, das operacións retorno, ...
Bicos
Fágame favor de falar por vostede.
... e depois virá o tempo em que nos teremos que lembrar de novo de tudo!
O caso é voltar. A realidade é teimuda e sabe agardar por quen se quere afastar dela, aínda que sexa por pouco tempo.
Voltar e facer algo.
Está ben iso de folgar,
aínda que moitos quedarán
coas gañas.
Bicos e apertas
nunca fixen operación saída ¿ti crés que terei que facermo mirar?
biquiños,
Que o difrutes pequerrechiño, que ben o mereces, que o traballo na canteira eche moi duro!
Cambiar de entorno é como cambiar de postura, que descanso!
Boas vacacións e bon descanso aos Chousa.
folgar sin facer fora do fogar.
cantas efes!
por forza farás unhas vacacións fantásticas.
deséxocho de corazón.
Eu tamén estou a piques. Teño os días de paternidade que empato coas vacacións toooodo o mes de xullo. E aínda sobran días para outra ocasión !.
A desfrutar, Chousa, e xa dirás onde foi tirada esa foto que semella London.
Nunca vira tal literalidade no aunto ese de COLHER O COCHE hahaha. Que disfrutes.Saudos.Carlosm
non todos... :(
FOLGAR! Falta fai despois dun ano de traballo e non é que nos esquezamos de todo, pero sí -o aparcamos- durante dúas semanas ou un mesiño, que o temos merecido.
Que teñas unhas semaniñas felices.
Un bico grande.
Fuxen, vanse, marchan... os que non teñen que quedarse todo o verán traballando.
(¡Ai!) :(
Deixas Antas por unhos días? Fas ben! non fagas coma algún de por aquí que colle as vacacións para traballar máis aínda :S
Bueno, bueno, que algúns aínda estamos traballando, eh!!
E eu concordo con JorgeCimadevila.
Boas vacacións!!!
Aii, pois vexo que as tuas vacacions duran algo mais cas miñas. Que siga vostede disfrutando, e ollo collendo o coche, que hai moita saturacion.
Grecia non fai gracia e Italia empeza a non facer chiste tampouco. Es un vidente, Chousa?
Dios! moito duran as vacacións dos demáis!
Xa vin no meu blog que andas por aquí, non sei se por Antas, pero polo menos por algún sitio con conexión ADSL. ¡Benvido de volta á terra! -os pés no chan-
bicos, bicos.
Atinou Paideleo co escenario da foto. Moi agudo na observación.
E si que renden moito máis as dos outros que a propias. En todo caso queda pouco, así que hai que esgurruchar os últimos traguiños, que escoitei dicir que as pedras da canteira seica endureceron máis que antes...
Déboche unhas letras... e algunha foto, seino ben...
Espero non me cobres intereses de demora....
Por si acaso vouche mandando uns bicos por adiantado, para non quedar en vermello...
Todo verde... como nos gusta a nós... jaja
Xastamos... ti case de volta... e eu que aínda non fun... jaja de vacacións ho...
Boeno... xa botei a parrafada chorras que tocaba.
E que xa vou necesitando as vacacións, estou algo cansa para afinar ben nos comentarios.
Pero hai boa intención.
¡Qué foto más apropiada para la operación salida, jajajajajaj!.
Eres único eligiendo opciones.
A poco que nos despistemos, a algunas también nos tienen que rescatar, como a Grecia.
Bicos
Publicar un comentario