domingo, 19 de xuño de 2011

Sacrificio

O cincel máxico da natureza trócase en batuta sublime que interpreta, en harmoniosa sinfonía, a máis doce e cautivadora melodía da seducción.
A fermosura do conxunto comporta o sacrificio necesario de partes que, semellando pleitesía nunha primeira ollada, acadan protagonismo segundo vai profundizando a análise. 
Ogallá todos os músicos da banda mundial souperan baixar así os seus instrumentos cando no pentagrama da historia non hai notas para eles. 

Foto: Concerto floral. Auditorio: un xardín de Antas de Ulla.

27 comentarios:

susana moo dixo...

umm, o caso é que se supón que o sacrificio mais grande é dos que cargan co peso da composición... ( pero non é así, verdade?)

Qué bonito debe de estar o xardín de Antas!

Dilaida dixo...

Ogallá!!! Pero nin saben nin están dispostos a aprender.
Bicos

Pedras de Santiago dixo...

...!!! ...???
É tanta a beleza concentrada nas túas palabras e na sublime mestura de sinxeleza e fermosura da imaxe, que non sei que dicir...
Para axeonllarse ante tanta perfección, para admirar e aplaudir!

Unha aperta

Anónimo dixo...

Moi optimista o vexo falando de concerto e harmonía, Sr. Chousa. O que buscan eses dos que fala é provocaren cos seus desacordes o caos e a confusión; despois, asombrosamente, quen paga o pato son os que tocaron ben e no seu ton. Diso se trata, de non se apearen da orquestra aínda desafinando a propósito.

mfc dixo...

O poder nunca foi humilde!

Chousa da Alcandra dixo...

Fas un absoluto pleno nos teus vaticinios, Susana. Nos dous! :-)

Que faremos con eses pupilos ensalzados que non queren aprender, Dilaida?

Nos tempos que corren hai que mirar cara onde te axeonllas, Pedras de Santiago. Non vaia ser... ;-)

Cousas certas hai no seu discurso Sr Kaplan; pero algo poderemos facer para botalos da orquestra!

Semella que a humildade é unha capa que se pousa nada máis entrar na antesala do poder mfc. Quitemos a antesala!

Anónimo dixo...

Su cámara acerca con tanta nitidez la imagen, como su dominio de la palabra acerca el mensaje.(Pena que escriba en gallego). En todo caso le felicito.
Umberto.

mariola dixo...

O sacrificio ás veces non gusta nadiña porque o afán de protagonismo acada sempre o primeiro posto nestes dos que falas.

Pero ante tanta fermosura poderían deleitarse con ollar se máis, porque os que ollan -contemplando- cambian a súa visión do mundo.

Unha imaxe preciosa, case podemos tocar este roxo seductor das flores.
AY...! TRANSPORTAME!
Un biquiño vermello e rosa tamén.

Carlosm dixo...

Cando vi o titulo da entrada e a image tan fermosa pensei que havia un erro, posto que non podia entender un sacrificio nesa fermosura. E vejo que já non teis nada que te coute para encontrar a musicalidade das flores. Magnífica ideia, máis tamben sou esceptico sobre a capacidade deses que dis para sacrificarse. Saudos.Carlosm

matrioska_verde dixo...

¡canta beleza!
a natureza é incríble.

biquiños,

la cocina de frabisa dixo...

Que foto tan preciosa, Chousa, me encantan los pétalos aún cerrados como se aparecen recogidos, lindísima.

biquiños y buena semana

Belén dixo...

Hay cosas que no se deben censurar, entre ellas todas las que tienen que ver con la Naturaleza...

Besicos

Bolboreteira dixo...

O sacrificio e a loita polo ben común a algúns sónalles a ruido cósmico procedente de galaxias moi lonxanas, algo que nin coñecen nin comprenden.
Menos mal que non é o mal de moitos.
bicos!

mariajesusparadela dixo...

O texto, coma sempre, incrible.
Pero, comparado con esa foto, non hai nada que facer, qué fermosura. É a primeira vez que vexo cousa semellante.

Elvira dixo...

Precioso geranio. Por aquí están muy castigados por la plaga de la mariposa africana. Y me ha encantado el grifo-rana de unas entradas más abajo. :-)

Saludos

A nena do paraugas dixo...

Benaventurados/as quenes se sacrifican por manter o pulso, o ritmo, o compás e á afinación desta tremenda orquesta, porque deles e delas é o traballo... (O do soldo non o teño tan claro).
Ogallá, si, quen leva a batuta fose capaz de sacrificar algo pola boa excución das pezas que a súa orquesta interpreta!

pitima dixo...

Bonito Xeranio. Seméllase o que teño na miña fiestra da cociña... Eu pensaba que non tiña auga.. pero logo xa me decatei de que efectivamente, cada floriña vai abrindo en crescendo... cando lle toca, nin máis nin menos...
Precioso.

Bico á espera...

Trasno dixo...

Ooooh!
Se eu usara chapeau, sin duda, quitaríamo despois desta foto e entrada. Sinxelamente merveilleuse, Monsieur Chousa.

Maribel-bel dixo...

Chousa, non negarás que as que están izadas tampouco lucen mal eh. Todos tendemos a "subirnos", nunca a descender polo medo a quedar barados, sen forzas. Seguro que a humildade non é habitual nos mundos das decisións e do pouco empeño por gañar "algo". Biquiños jrandes e recorda (non practiques moito, vaia despois a costa estar moi empinada).

Chousa da Alcandra dixo...

Eu considero que a mágoa radica no que vostede pensa, Anómimo Umberto-. En todo caso, volva cando queira a facer unha inmersión lingüística na Chousa. Seica alivia (non cura) algúns males.

Excelente lección de ollar contemplando, Mariola. Vouche copiar esa idea; pero, por favor, dime como se fai sin que se note moito!! ;-)

Pero Carlosm; ti ben sabes que eu toco a muiñeira de Chantada cun canelo de ferraia, carallo!. Ou non?

Si, Aldabra; da gusto mergullarse nela. Incluso sin saber nadar...

Traballiño me costou convencela de que fixera este "posado" diante da miña cámara Frabisa. Tiven que soltar algo de pasta, pero valeu a pena!

Certo, Belén. Incluso non se deben censurar as cousas que se poden facer "na Naturaleza"...:-)

Menos mal que non son moitos Bolboreteira; pero para ser poucos téñennos ben amolados por certo!

En Antas este tipo de marabillas son tan habituais, MariaJesusParadela; que ás veces pásannos desapercibidas...:-)

Africa quédanos un chisquiño máis lonxe. Confío en que a distancis sirva de vacina contra esa "mariposa", Elvira. Gracias por tu visita. Le doy un saludo a la rana-grifo jajaja

Boeno, Nena do Paraugas; o que leva a batuta algo manda. Outro cantar é que os/as cantantas lle fagan caso...

E que...é o da tua fiestra, Pitima!!!. Jajajaja, fun a roubarche unha foto del e non te decataches. Creo que estabas no ordenador escribindo un post que non publicaches ainda...jajaja

Pois a un Trasno sentaríalle moi ben un chapeu de ala ancha. Merci beaucopu polos piropos.

E vaia se locen Maribel-bel. Tanto, que os capulliños anícanse en sinal de admiración.
(Explíqueme ese paréntese, que ten pinta de ser interesante).

A do outro lado da xanela dixo...

Súmome a ese ogallá!

Bicos dunha que marchou e parece que volve :)

Markesa Merteuil dixo...

Os que nos esixen sumisión xamais baixarán a cabeza. Hai quen tende a creer que o que máis cacarea é o que ten máis que dicir, o que leva a razón, pero esquéncense de que quen berra non escoita, e polo tanto guíase unicamente polo dictado da súa voz. E enfeitizado por ela non é quen de ver cando o pentagrama xa non serve. Entréganse á improvisación, porque non soportan que nada limite o seu ego.

Marisa dixo...

Hoxe quédome coa fermosura
da primavera que na súa despedida visteuse de esplendoroso vermello para recibir ó verán.

Bicos e apertas.

Paz Zeltia dixo...

Puxen no google "canelo de ferralla",
[te lo ghuro por mig muentos]
tratando de imaxinarte tocando con el a muiñeira de chantada que tanto me mola.

e agora, poñendome seria, direiche como che di a maioría, que argallas moi ben eses textos arredor de fotos que, no caso da de hoxe, encheu de vermello a miña mesa gris da oficina...

respecto ó comentario de Anónimo Umberto, tamén podería ser que o que quixera dicir é que lástima que el non entenda galego para poder apreciar toda a riqueza da nosa fermosísima língua...

[non?]

disculpa este comentario [tanto en lonxitude coma en formato e contido, parece un mail, e non é este o sitio axeitado]
tanto por

Chousa da Alcandra dixo...

Pois sumada á causa quedas, A do outro lado da Xanela. Gústame o teu retorno. Benvida de novo!

Nin que tiveras un deses compartindo andar Markesa Merteuil. E que describes tan á perfección ó pecador, que mesmo se confunde co pecado :-)

Unha cor (a vermella) sempre elegante para calquera recibimento, despedida ou, incluso tamén, permanencia; á que si Marisa?

Nada que disculpar Zeltia; alóngate canto queiras, que dous ferrados da Chousa teñen capacidade. Gústame que sexas ben pensada co anónimo, así compensamos.
(Déixate de google e cóllete o Xerais, e busca "canelo" e "ferraia").

A nena do paraugas dixo...

Quen leva a batuta, algo manda. O caso é que saiba facelo, sen protagonismo, sacrificando do seu polo ben da colectividade, polo ben dese abrochos que aínda non abriron.
Pero fáiseme que hai pouca xente que estea disposta a facelo. E a quen o fai, sempre acaba por cortárselle a cabeza.
Daí que a imaxe dos teus xeráneos e o texto que a acompaña sexa algo tan significativo para os tempos que corren. Deches na diana, coma sempre.
Parabéns!

Kim Basinguer dixo...

La naturaleza es majica.