martes, 14 de xuño de 2011

Guiar

A capacidade de liderazgo non sempre se demostra indo diante do grupo, tapando as alternativas e ocultando as potencialidades.
Guiar comporta un coñecemento individualizado do colectivo, deixando fluir iniciativas e permitindo a toma de decisións. Esta estratexia -ademáis de reportarnos maior comodidade no exercicio do mando-  logrará un equipo eficaz, que gañará en autoestima por chegar ó prado con apenas un par de levísimas directrices.

Foto: Guiando con empatía. Excelencia na dirección.

30 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

O exemplo da pastora é macanudo. A foto que elexín non é a que mellor amosa a súa gallardía dacabalo e o dominio do rabaño. Pero tedes que fiarvos de min. A súa serenidade reflectía a confianza do savoir faire máis xenuino.
E como levaba a vara, señoras e señores!
Observala fíxome lembrar que o cumio da excelencia na dirección materialízase cando se logra demostrar que a vara é un mero distintivo de quen coordina, e non un instrumento borreguil para arrear vareadas.

Merce dixo...

mmmm
eu quedei pensando neso que dis: "o cumio da excelencia na dirección materialízase cando se logra demostrar que a vara é un mero distintivo de quen coordina, e non un instrumento borreguil para arrear vareadas." e pregunto eu

¿e non seria mellor sin vara? e que...

;)

Merce dixo...

Uy! esqueciame dos bicos!!!

moitos

a moreas!!!

volboretinha dixo...

Que dominio!! fai pouco, estiven nunca conferencia sobre psicoloxía positiva, e un dos ponentes falaba disto, precisamente, do liderazgo positivo; e o ponente dicía por exemplo que máis do 60% das empresas con baixa productividade e con altos niveis de stress nos seus traballadores, debíase a unha mala xestión directiva...eu non sei que pasa neste país que ninguén se decata disto...Evidentemente non é fácil sacar o mellor de cada un, e ser un lider positivo moito menos, pero haberá que aprender!!! propoño á pastora da foto, para dar formación!, toda unha lección de liderazgo!

Belén dixo...

Yo siempre he preferido mandar poco, más que nada porque no sé...

Besicos

A nena do paraugas dixo...

Sei un pouco do traballo na sombra, por detrás de quen leva o protagonismo, pero coordinando con man firme e sen caxato.
Os lideratos non son sinónimos de protagonismos. Os lideratos son ese traballar subterráneo que, por desgraza, nunca teñen o recoñecemento que merecen.
Non é doado camiñar detrás co caxato do mando, sen que este sexa visible. O doado é blandilo diante amosando unha fortaleza que soamente se sustenta na forza que outorga un pau. Pero o pau en si non é nada.
Esta imaxe e este texto son a máis clara demostración de que o poder e a autoridade non son o memsmo. O poder significa ir diante co caxato ergueito, baixándoo cada vez que alguén se aparta da liña. A autoridade significa ir detrás, confiando en que quen vai diante, non precise que o caxato levantado, baixe no lombo.
Toda unha filosofía de lideratos, Chousa! Cantos mal entendidos e mal executados lideratos hai neste mundo!

Cuspedepita dixo...

Non, o cumio na excelencia na dirección é que non se precise nin rastro da vara para que todo funcione ás mil maravillas, pero para iso hai dúas palabras clave: intelixencia e responsabilidade por parte de todos.

Bicos

mariola dixo...

Á verdade é que me deixas pasmada,
un texto curto, pero que moi ben aproveitado! non sobra nin unha coma (moi ben dirixido é guiado)

Son todo parabens.

Bicos para A Chousa e para ti.

Raposo dixo...

Pero as veces non está de mais ter a man unha boa aguillada!

Chousa da Alcandra dixo...

Ben sei que a vara non gusta un carallo (e moito menos se quen a leva non somos nos); pero -volvo apelar á confianza- debo asegurarvos que a pastora eficiente da imaxe levaba a vara máis como unha ferramenta de colaboración co rabo das vacas para espantar moscas, que outra cousa.
Todo o antedito sin o menoscabo da apreciación -tamén válida- de que hai veces nas que é absolutamente imprescidible unha boa aguillada!

mfc dixo...

Veja-se o estado da Europa onde faltam lideranças credíveis!!

Marisa dixo...

Un grupo moi ben guiado,
coñecín eu rabaño que so
era preciso abrirlle
a porta da corte para ir
correndiño facendo "me"
detrás do que tiña a vara
de mando.

Moitos bicos

harmonía dixo...

A vara "de mando" pode collela calquera, o caso é saber levala e conducir o grupo con rsponsabilidade; se ademais lle esixes (-mos) empatía..., a tarefa resultará máis difícil. Non é o caso da pastora da imaxe: dirixe con serenidade e sabedoría!
Mais..., ben sabemos que vostede, señor Chousa, dalgún xeito (moi ben condesado), tenta facer referencia a outros pastores/as coas súas "varas" e estratexias de mando recén estreadas.

Poderemos confiar???

Dilaida dixo...

Isto tróuxome a memoria os anos de internado no colexio de monxas. Púñannos en fila coas mans ás costas e detrás viña a monxa coa vara de mando, era só para dirixir, non lembro que fose utilizada nunca doutra forma, claro que ninguén se atrevía a perder o paso.
Bicos

Ginebra dixo...

Estoy de acuerdo por completo, Chousa. Liderar es más complicado de lo que parece a simple vista, no todo el mundo está capacitado para hacerlo. Se confunde liderar con mandar y casi siempre se hace desprestigiando opiniones o iniciativas e impidiendo toma de decisiones conjuntas...
Hay otras formas, pero lo que no hay es mentalidad.
Bicos

matrioska_verde dixo...

guiar comprende moitas cousas: deixar fluir as posibilidades de cada un dos compoñentes do grupo; aplaudir as boas ideas sin sentir envexa delas; xenerar a unión de tódolos membros...

explicáchelo moi ben.

biquiños,

p.d.: e a ver si agor saen os comentarios.

Blogboreta dixo...

Os últimos serán os primeiros, o caso e saber chegar, e chegar ben.

Biquiños moitos.

Filoxera dixo...

Está tudo dito!
Beijos.

pitima dixo...

Non me fales de lideresas nin de xefas nin de varas nin de mandar nin de borreg@s.... Non.
Estou sensible... que me queres...

A xentiña non entende moi ben esto dos postos de xefatura.... penso eu...

A experiencia é importante... Ben se lle nota á muller esta da foto (moi boa, como nos tes acostumados), que parece que xa ten a mula co lombo ergonómicamente afeito ás súas posadeiras de xefa inconfundible...

Biquiños de borrega medio-amotinada... ou se cadra.. só confundida...
E será que non me teño eu por ganado.. Será que teño demasiada autoestima... Será...

Anónimo dixo...

Isto voullo mandar ao Ban Ki Moon, que anda feito un hooligan de carallo !!

(E si: eu levaría a aguillada tamén)

Bolboreteira dixo...

Un bo lider ten que saber delegar e ten que saber estar no seu lugar.
Fermosa foto!
biquiños!

Carlosm dixo...

Admiro-te case con devoción Chousa. Esta vez vou loubar a tua capacidade para enfocar a tua camara de jeito tan excelente. Fico pasmado (e hilárico hahaha!).Saudos. Carlosm

Anónimo dixo...

Boa noite
estava passando quando vi seu blog
gostei muito.
queria segui-la mas não vi os seguidores.
Tenha um lindo final de semana
abraço Fraterno
Maria Alice

mariajesusparadela dixo...

Pero, carano. ¿ninguén se decatou de que na imaxe son todo FEMIAS?
É o único xeito que temos, desde sempre, para exercer o noso liderazgo.

Trasno dixo...

Exemplo de boa maneira de exercer o liderazgo. Claro que habia que preguntarlle o burro ou burra que opina do trono da lider jeje

Chousa da Alcandra dixo...

Moi aguda a observación, María Jesús; pero fíxate ben no añiño que vai dous pasos diante da ovella...
;-)

mariajesusparadela dixo...

Añiño, macho, sempre diante, ¿non sí?

Chousa da Alcandra dixo...

Non sabe o que se perde (o añiño) por ir diante...; cando medre xa se decatará. :-)

Paz Zeltia dixo...

aaaai, que liiindo, xa vexo que o xeranio vermello pasou a formar parte do xardín da Chousa da Alcandra!

gústame!

Kim Basinguer dixo...

"Guiar comporta un coñecemento individualizado do colectivo",,,por iso ninguen nos guia....