Se desta non cae o Pulitzer blogueiro vai ser polos peliños. Cacheinas xuntas na Alameda compostelá. E o mellor de todo foi que nin se decataron. Un roubado en toda regla. Tentárao por Antas, pero xa se sabe que nas vilas o persoal fíxase máis en todo e non resulta doado. Nas cidades (ou vilas grandeiras) a xente anda moi despistada e todo se relaxa con suma facilidade. Non hai máis que ver os resultados das últimas municipais...
Das catro chamoume poderosamente a atención a nugalla que amosa Primavera, e un certo despendole na vestimenta da señorita Outono. Madía leva -pensei- en coller tantos catarros. Polo demáis Invernía estaba moi na súa liña e Verán preparada no banquiño para dar o relevo á durminte nas vésperas de San Xoán.
Foto: As de Vivaldi facendo dun banco o seu pentagrama.
25 comentarios:
Jajajajajaja, tú y tus robados. Ya te dije que andes con ojo, que cualquier día tu objetivo va a ír a parar a un sitio que no es la cámara...
La primavera, ya se sabe, Chousa, la sangre altera:)
Besos
Hahahaha! Nom sei se o Pulitzer, pero dende logho o que si mereces e unha aperta bem grande por facerme empezar esta jornada compleja para a minha gente, con gargalhadas a boca chea.Obrigadisimo Chousa. Saúdos.Carlosm
Moi moi bonita a foto sí señor, toda unha sinfonía en imaxe.
Dende logo eres o rey da oportunidade para a fotografía. Un perigo, vamos. Pídome o privilexio de ser a primeira persoa que avises cando unha das tuas victimas che reclame.
(O da relaxación da xente das cidades non ten desperdicio. Non das puntada sin fio)
A belleza, das formas, da pel.
Pensaba que ías falar das tres gracias,
e preguntábame que farías coa cuarta.
Así coas estacións cadrouche a conta.
:D
Gústame moito a foto.
As catro estacións
déronse cita
no mesmo banco
para que tí as retrataras.
Un simpático roubado.
Apertas de domingo.
Pois eu non sei se vería a nugalla da primavera, ou o repouso do outono nesa moza recostada no banco.
O roubado é atrevido. Do texto non digo nada. Sábeslle sacar sustancia ata as cousas máis inverosímiles. Chapeau!
Ya nos vamos vistiendo de verano...
Besicos
Ayyy, Chousa, yo también les hubiese fotografiado al igual que las flores de los jardines, empieza la primavera y hay mucho bello que fotografiar.
biquiños floridos
Que bo roubado!!!
Curioso que non se percataran da túa presencia, nas cidades a xente parece que se preocupa menos do que os demáis fan. Punto para a vida na cidade.
biquiños!
Tes un ollo para as estacións e as chavalas...!!!
Pois eu xa che dou o Pulitzer agora mesmiño.
Ata o de agora eu era máis de verán que de primavera pero seica vou mudar de opinión e iso que o inverno tamén promete anque sexa de costas.
Oi, creo que non podo mirar estas cousas en estado prepapá como estou.
que foto máis curiosa e bonita...a verdade e que están de foto (jeje), e si, pode parecer que están despistadas, eu máis ben creo que están disfrutando do momento, sobre todo o verán, ains que ganas de san xoán...
bicos
Buen robado y buena imaginación para tejer esta historia de las cuatro estaciones. Sigues sorprendiéndome gratamente.
Pois ademáis de ser unha foto bonita, con ese toque roubado, que predispon as víctimas a aparecer con naturalidade, teño que felicitarte pola oportunidade e axilidade para relacionalo coas estacións.....encantoume.
Es incriblemente imaxinativo. Perfecto.
Non, Mariajesusparadela; perfecto non. Pero...ando aprendendo... :-)
E as catro estacións deixáronte tempo para fotografarlas en puro estado contemplativo!
Que ben estaría eu nese banquiño relaxada e preparada para a nova estación!
Sí,quédome co verán que xa está á volta da esquina,co sol dándome de cheo na cara facendo despertar a pel adormecida do todo o inverno.
un biquiño soleado.
Case perfecto logo.Non sei se é mellor a foto ou a asociación coas estacións. A Primavera estomballada é todo un acerto!
Muito boa, esta tua analogia :-)
Beijos.
Xa sobrepasado o 40 de maio, seguimos disfrutando da primavera con devota admiración; mentras -pouco a pouco- o verán vai asomando o seu lombo.
Olliño co sol e a hidratarse moito!
Ladrón!
Un bico tumbada... jaja
Como me deteñan...xa sei quen foi a fiscal :-)
pois non sein que pasou.
non vexo aquí o meu comentario e xuraría que eu escribín algo o día que lín o post.
cousa de meigas!, semella.
como veño do blog de Mariola, e como quedóuseme gravado o versos "enchoupados de sol" pois eso...
estas rapazas están enchoupándose de sol e o miralas sinto envexa.
biquiños,
Cacháchelas polos peliños e en toda regra.... Non quero saber onde carallo estabas mirando, meu. ;)
Muaaaaaaaaaaaaas!!!!
Publicar un comentario