Emerxes da nube dos meus miolos, flues doce e garimosa balanceándote nas cordas vogais ata mergullarte no meu cuspe salino para acentuarte na curvatura dos beizos, sacándote para fora e invadindo de máxica fermosura o son do ar que me rodea. Cumio da metamorfose dunha idea que xa é palabra. En galego pensada, en galego dita, en galego escriturada, esculpida, pintada ou musicalizada.
E unha vez pronunciada, nin anclada nin a deriva, sigue sempre rulando dende o país dos mil ríos polo mundo dos mil mares. Provocándome ledicias por terte, por saberte, por pronunciarte, por escoitarte, por amarte. Nesa espiral prepositiva faste viva, presente, real, esdrúxula; sabendo que compartes unicamente coa terra que piso e coa muller que me deu o ser, o nobilísimo e venerable título que ninguén mais ostentará nunca para min: nai.
Foto: Que rule mil primaveiras máis, e despois xa falaremos!
30 comentarios:
Joder Chousa, entre a música e a poesía, emocionáchesme. Cantísimo queres á lingua. Pois que rule, ainda que so sexa para que esteñas contento.
Que teñas un bo dia ( e unha boa noite).
Hermoso tributo a la lengua gallega en su día. Enhorabuena por el artículo.
Moi emotivo Chousa. A lingua galega medra contigo (e ti medras com ela que bem che se ve). Que rule!!!!. Saudos.Carlosm
Esto e unha verdadeira cantiga na honra da lengua galega. Mil primaveiras mais para ela e mil parabens para ti por condensar tantas emocions dun xeito tan fermoso que toca a fibra de quen ama o galego. Unha aperta no dia das Letras.
Fermosísimo.
Un saúdo agarimoso.
Esclarece-me lá: o que significa "nai"?
Beijos.
Chousa, acabas de emocionarme. Iso é bastante fácil de conseguir, cando se trata da Lingua, pero acostumada ao dobre xogo que con ela fas a cotío (niso eres un verdadeiro mestre), deixáchasme sen palabras con esta fermosa homenaxe á NAI.
Parabéns e que sigas gozando da Lingua, con Lingua.
Tamén bicos, na Lingua e con Ela.
Vaia a miña aperta nesta xornada tan oportuna para reivindicarnos e orgullercermos no sentimento matrio da lingua. Fermoso texto, digna homenaxe para unha causa tan nobre.
Graciñas por emocionarvos comigo.
Filoxera: nai= mãe
Bicos
Só alguén que de verdade ame e sinta a Lingua pode ser quen de escribir algo tan fermoso coma o que ti escribiches.
Bicos
Quem dera que no meu País os homens de chefia amassem assim a língua`portuguesa e não andassem com acordos que deturpam e tiram sentido à mesma.
Um abraço
Que pena não ser contagiosso esse amor pela língua aqui tão fortemente exposto...e que chegasse a determinadas criaturas que acham poder tudo!!
Bicos
Unha moi completa, fermosa e emocionante dedicatoria á nosa lingua, Chousa!!
Que rule, que siga rulando!!!
Unha aperta.
Pois dito está. E eu contigo!!!
bicos con lingua nai
E custodiada por ti!
Noraboa por este texto tan fermoso.
Non poderías dicilo mellor.
Que impregne sempre a nosa pel e os nosos sentimentos, que rule para facerlle honra e que nos deleite sempre con palabras tan fermosas e profundas como ten.
Que bebamos sempre dela, que non esquezamos de onde vimos, que non esquezamos que igual que unha nai dounos a vida sen esperar nada a cambio, que está ahí e sempre estará, que rule e chegue ben lonxe e ben cerca do noso corazón.
un bico que recorrerá uns cantos quilómetros cara Antas.
Diexeime levar pola emoción e faltoume dicir que o vídeo de "Lingua minoritaria" encantoume.
Un bico.
Parabéns
solo sé decir cuatro cosas en gallego... por eso soy asi de escueta...
un besito
Tremendo!!!! que fermosas verbas e de que fermosa maneira escritas.
Maravillosa entrada dedicada a nosa lingua nai, a que merece ser ben tratada e ben querida.
biquiños!
Non se pode dicir mellor, aínda que si máis alto. Berremos, pois, para que o saiban todos!
Un homenaje precioso, Chousa, te has lucido ehh, te felicito, me encanta.
biquiños galegos
Fermosisimo, Chousa, propio de vostede.
Eu tamen celebrei o dia das letras galegas dunha maneira emotiva, como tí con este post teu levándonos a eses enlaces a espabilar a conciencia a envolvernos na música linda... e ata a rirnos un pouco.
Moi ben, Chousa: que rule.
Fermosas verbas para a nosa fermosa lingua. Que rule, que rule!!!
Emotivo e precioso...
E eu que me sinto tan torpe cada vez que a uso (a esdrúxula língoa, que tiña que ser llana.. "Galego".. doado de disfrutar e vivir...)
Pero xa menos torpe...
Péscame ese bico nin anclado nin á deriva... rulando entre nós o agarimo e a emoción de sentirmos galegos.
E non só o 17 de maio...
Tódolos días.
Verdadeiramente levas a nosa
lingua prendida do corazón
so equiparable a esa nai
que nos deu o ser.
Grazas por ser como tí es.
Bicos e apertas.
Pode ser que nunca leera tan fermosas palabras adicadas a nosa lingua, pode ser.
Non se podia decir nin sentir millor.
Aplaudiriate emocionada :)
Bicos a moreas!!!
Non deberíades chufarme tanto. Hai risco de que o crea moito e tamén de que algúns amigos confirmen aquelo que se di dos comentarios entre blogueiros: que hai moito ch. de p.
Polo demáis non teño obxeccións. :-)
saéche o amor á túa "nai" polos catros costados...
canta paixón nas túas verbas!, como sexas así en todo... je je je, medo me das...
ben, esto é un guiño divertido... o tema que expós é serio e fermoso para os que o sentides dese modo.
ollo, eu tamén quero a nosa lingua pero non do mismo mado, esa é a verdade, admírovos.
biquiños.
P.d.: claro que cando estiven en SOS saquei a foto sentada no regazo de Berlanga, faltaría mais.
Un excelente canto á lingua galega.Parabéns
Publicar un comentario