mércores, 25 de maio de 2011

Capullos

A todos nos resulta moi doado asimilar as cercanías dos humáns cos animais. E non vou ser eu quen desautorice as documentadas teorías que nos levan a montar un surtido zoolóxico -con moi pouco esforzo imaxinativo- a base unicamente de bípedos sapiens.
Pero a min fascíname a descuberta que veño observando, con reiteración nestes días, en analoxías co reino vexetal.
Pode resultar impactante nun primeiro pensamento; pero estou convencido de que a ninguén se lle escapa a escasa habilidade que moitos humanos teñen para lograr pasar de gromo a flor (o que chega), sin antes ser uns auténticos capullos...

Foto: Mañán será un capullo.

24 comentarios:

mfc dixo...

Como diria o Poeta: "Ohh tantos estúpidos, meu Deus!"

Paz Zeltia dixo...

quedei prendada do capulliño ése, a foto ten tanta nitidez que case o podo tocar...

e sí, supoño que todos fomos/somos algo capullos e, como tí dis, inda bo é se podemos chegar a rosiñas

:-)

Dilaida dixo...

Ten vostede toda a razón pero a diferenza entre as plantas e os humanos é que o capullo sempre da paso á flor, nas plantas; mentres que hai humanos que son toda a súa vida uns capullos.
Bicos

Trasno dixo...

Non sei se haberá capullos(as) humanas con esta belleza durante a fase de pre-estalido. O certo e que nos liaches ben coa tua perorata. Coma sempre, boa foto e boa reflexión.

matrioska_verde dixo...

PENSO QUE nesta entrada que nos ocupa, si tan só poñeras a foto e o título, todos os que te visitamos a míudo teríamos entendido o que nos querías decir.

¿que vai ser de nós?

biquiños,

Ginebra dixo...

Pues sí que hay capullos, sí... más de los que podemos aguantar. Pero también hay rosas, y en éso nos tenemos que fijar:)
Besos florales para vos

Merce dixo...

Non me fales, non me fales que as veces un lee a prensa e dase de conta de cantos capullos estan vivindo a conta nosa...

Hoxe foi outro mais!!!

Bicos

Son Unha Xoaniña dixo...

Mira que me gusta ista observación que fas, pero o pior é cando queda a cousa en capullo e dalle as voltas que queiras pero non florece xamais... que lle imos facer!
Bicos.

xenevra dixo...

Hai moito capullo e moito que sendo herba ruín crese flor verdadeira. Hai moitos xardíns onde xente se prenda en mirar eses capullos sen darse de conta da beleza que ten a chorima do noso toxo silvestre, libre, propio, intransferíbel.
Deixarei pois un recendo de alecrín desta volta.

Bolboreteira dixo...

Hay moito, moito capullo nun mundo cheo de flores, pero miremos o lado positivo ...ainda sendo moitismos os capullos son menos que as flores.
biquiños floreados!

Marisa dixo...

Unha moi boa similitude,
douche tódala razón,
hai quen non pasa de ser
un auténtico capullo.

Cada vez admiro máis
o teu poder imaxinativo.

Bicos e apertas

Magdalena Malungo dixo...

Ti de capullos e eu mais direita coas gaivotas chiadoras.... mmmmmm Máis me vale ir aprendendo da túa prosa!

Raposo dixo...

E hai moitos que seguen sendo capullos toda a súa vida. Non vou poñer nomes pero tendo en conta a cercanía das eleccións non poido evitar lembrarme de algúns políticos. En fin...

pitima dixo...

Pero hai capullos e capullos...

Como hai flores e flores...

Boa macro, sí señor.

E logo... ¿hai flores que non foran capullos primeiro?

Bico en flor.

Carlosm dixo...

De certo que sim, que hai abundancia de capullos. Eu incluso diría que hai exceso de capulhada. Como che digo isto tambem che digo esto outro: a foto e bem fermosa. Saudos. Carlosm

la cocina de frabisa dixo...

Sí, eso es, una buena analogía a la que yo añadiría una especie del reino animal, "gusano".

Ambas palabras se podrían aplicar a enumerables artículos de prensa que se publican estos días.

Vamos, que no se puede ser más arrastrado que un gusano ¿no?

Alucino con lo que estoy viviendo ahora mismo y en algunos casos, muy de cerca.

biquiños voadores

mariajesusparadela dixo...

É certo. Pero as plantas fan cousa mellores, incluso consiguen pasar de flor a froito.
En Cataluña, hay un que pasou de capullo a besta.

mariola dixo...

Bo razonamento!
Primeiro é o capullo, logo a flor.
Pero nese medio hay que regar con palabras, con mimos, con caricias, con sentido común, con verdades, co corazón, con tenrura e eses capulliños para que o día de mañá sexan fermosas flores.
No reino vexetal consíguese, no noso...por iso teremos que buscar un novo rexurdir, con paciencia e mimo, aínda que custe, que custa...
Fermoso capullo o da foto, fíxate cantos ollos fixos nel; primeiro os teus, logo os nosos, cómo non vai saír una fermosísima flor!
un bico de sete estalos.

Kim Basinguer dixo...

jajaja....moitos capullos = moitos gusanos.

paideleo dixo...

Non hai que esquecer que todo sae do esterco.

Concha L. F. dixo...

Entre "capullos" e abrochos hai unha lixeira diferenza de idioma. Claro que abrocho é un vocábulo galego demasiado fermoso para aplicalo a determinados/as bípedos/as que campan ás anchas por este noso país.

Angel Utrera dixo...

Xa cho dixo D.FRANCISCO DE QUEVEDO E VILLAGAS, a Raiña...
Entre un clavel y una rosa
su majestad ...escoja.
Con elo gañou unha aposta na que os perdedores lle apostaran que non era quen de dicille a sua maxestade, que tiña tal defecto...
Asi que xa ves, todo depende do uso e abuso da lingua...
Unha aperta. dende o Outro lado do Farelo.

Chousa da Alcandra dixo...

Moito me gusta ver como regades a Chousa coa vosa participación. Seguide regándoa; pero -poloscravosdecristo- non con saraibas e lóstregos coma os de onte á tarde, que -ademáis de fundirme os plomos da conexión- escarállanme as flores cuxos capullos con tanto mimo coidei.

susana moo dixo...

A min é que os capullos gústanme moitísimo ... os das flores tamén.