venres, 1 de abril de 2011

Trapallada

A liturxia da trapallada está chea de ceremonias hipócritas disfrazadas de diplomacia. Agroman feixes de cabestros que se visten de oligarcas, de sarxentos chusqueiros con oropeis do xeneralato. Prima o fraude, impera o postizo. Falséase ata a mentira, adórnase o esterco con emplatados de alta cociña…
Con tanta mediocridade, estou convencido de que  hoxe Pitágoras tería dificultades para acotar a lonxitude do lado máis longo deste triángulo sin vértices. E non sería pola súa falta de inxenio; a complicación radica no exceso de catetos.

Foto: Trigonometría fotográfica en Ourense.

28 comentarios:

Harmonía dixo...

Só che faltou falar da "cuadratura do círculo", hahaha!

Noa dixo...

Concordo.

Carlosm dixo...

Hai que reconhecer que a faceta do Chousa encabritado tamén produce zumes moi interesantes hahahaha. Pobre Pitágoras hoxe,sim. Saudos.Carlosm

Manolo Blog dixo...

Parecer... aparentar... amosar... ostentar...

Ocultar... esconder... disimular... agochar...

É o arte clásico e contemporáneo...

....do engano.

pitima dixo...

Mira que che dá de sí a trigonometría eh...
Non me parece mal. A min tamén me inspira moito...
Tendemos sempre a limar os vértices para protexer ós nosos fillos, e non mancarnos nós tampouco... que, coas présas, xa se sabe, báteste contra as esquinas doadamente...

Ás veces tampouco ven mal un toque que nos esperte ás pungiagudas realidades...

Bico hipotético...

Merce dixo...

jejejeje exceso de catetos... pois vai ser que si :)

Biquiños a moreas!!!

P.D. E como vai esa nocturna?

fonsilleda dixo...

Si falamos de inxenio, por estes lares hai, se non dabondo, suficiente. Teñen que ser os airiños das nosas chousas.
Agora que, se hai que falar de catetos aí teño dificultades xa que non sei distinguir ben os catetos, dos mal pensantes, malfalantes, engana-babecos, parvos, fatos, bobos, papóns, e os que falan pra enganar a cotío...
Saúdos.
A foto, pois xa esquecín a pouca trigonometría que souben
Apertas.

Bolboreteira dixo...

Sobran catetos vestidos de traxe...superamos o permitido para unha boa saúde por moito. :)
Biquiños primaverais!

Dilaida dixo...

Pois si que anda moito cateto solto, pero é o que está de moda, canto máis cateto, máis arriba chegas.
Bicos

Paz Zeltia dixo...

Vaia cabreo descomunal!
Gústame ver ás persoas cabreadas polo que non está ben, é a maneira de empezar a cambialas.
[o dos catetos, moi inxenioso]

hai que ir para a cama antes, que é iso de que un canteiro esté esperto máis alá das 12!da noite -iso déixanolo ás funcionatas-
:)

bicos de venres soleadísimo, xa que a p. primavera está aquí, gocémola. -o que dure-

Paz Zeltia dixo...

ostras non repasei o comentario, sempre me esquece que neste blog teu mando o comentario e vai caendo nunha negra espesura ata chegar ao centro xeográfico de galicia!

se me sae algunha faltada, que ás veces sí, vai sin intención, non mo aprobes, e listo.

mariajesusparadela dixo...

Non sei que lle decir, porque tamén lle hai hipotenusas ben mediocres...

Filoxera dixo...

E viva o faz-conta!
;-)
Beijos.

mfc dixo...

Que inventarão mais para nos desgraçarem?!

paideleo dixo...

Os espabilados xuntan a imaxe e as mil palabras para espetar o que queren.

A nena do paraugas dixo...

A matemática sempre deu para moito e ten un rico vocabulario que, aplicado á vida cotiá, ponlle nome propio a todo. E como de catetos vai e de hipotenusas, digamos que unha sen os outros (e viceversa) non serían nada. E que ben se adornan de trapalladas!

Bicos sen triángulos.

mariola dixo...

Estou dacordo no que dis, quédome con que "impera o postizo".
Ocórrenseme moitas cousas ó respecto, pero todas malsonantes e ti xa o deixache todo ben explicadiño.
PD- A todos estes catetos meteríanos eu no triángulo das bermudas, canto espazo "limpo"nos quedaría !
Un bico sen postizos.

xenevra dixo...

E miramos parvos ese esterco ouropelado, crendo que é o noso Grial. Esquecemos a pregunta correcta para obter a resposta adecuada. Quizais as hipotenusas durman no hipotálamo dos falsarios disfrazados.
E tras o enfado das letras, fiquei prendada do engado da imaxe ;)

Trasno dixo...

Das tuas habilidades coas letras xa fai tempo que sei. Agora tamen te vexo argalleiro coas matemáticas e agochándote detrás dos vértices ourensans hahahaha.
(Con quen te enfadarias tanto?.)

Anónimo dixo...

Vine atraido por la imagen, que reconozco (soy de Orense). Supongo que cada uno saca la visió que quiere, pero anda que no pudo usted poner fotos mejores de mi ciudad. Haberlas hainas.

Belén dixo...

No sé muy bien de quién hablas, pero si tiene que ver con la política, te apoyo al cien por cien...

Besicos

matrioska_verde dixo...

Tés unha agudez mental que dios cha conserve, rapaciño. Homes como ti, serían os que terían que gobernar na política e en todas esas cousas da sociedade que importan. Mentras ía lendo, dicíame ¿e a qué ven o de vértice? E mira ti a que viña. Biquiños,

A.C. dixo...

Nunca se me deu ben a trigonometría. Non sei se foi debido a que era algo cateta ou a que os profesores que me tocaron non sabian como despertarme ese lado. Ti argallas o demo. Esta vez utilizaches a Pitágoras para enseñar o teu cabreo. Boa maneira de facelo.
Bicos

susana moo dixo...

Motivos para cabrearte tes, de seguro que tes. A moreas. Catetos hainos en todas as asignaturas, pero non pillo cal delas é a que tanto te fastidia hoxe ...

Chousa da Alcandra dixo...

Hai que cabrearse, señoras e señores; de cando en vez resulta terapéutico. E se minto que falen @s especialistas que hai na sala.
Claro que cando as motivacións son esóxenas é máis doado atoparlles remedio: poñer espazo polo medio.
Cando son endóxenos...o que hai que poñer polo medio precisa prescripción facultativa.

Encaremos o luns con enerxía. Preparade o Nesquik para esnifalo no almorzo.

galmar dixo...

maila que non son de ourense, si estiven a vivir varios anos, e a verdade é que a imaxe non reflicte moito as miñas lembranzas dela, aínda así, motivos para o cabreo hai a feixes, vaiamos onde vaiamos :)
como ti dis, somos ben pequeniños, hoxe e o venres fun en avión e a perspectiva cambia moito, todo se fai demasiado grande as veces, o de fóra, e o de dentro, vai quedando pequeno, se o miramos dende lonxe, pero de preto, é ben fermoso tamén, boa semana!
PD: mellor que o nesquick está o cacao de valor, para papalo!!! :)

PenicheGZ dixo...

Os catetos sempre son de igual medida, ¿hipotenusa?.
Eu penso que se exitinguiu.
A calidade política, a oratoria, e o amor a un pobo, desapareceu coa xeración Nós, ou con Azaña, se falamos de Madrí.

carapuchiña dixo...

Chousa,

Tes que poñer unha opción de "gústame" porque eu ler sempre te leo pero nunca se me ocurre que comentarche...

Bicos primaverais!